Borradores de novos títulos de formación profesional

Mesa sectorial 3 de febreiro 2011

Na Mesa Sectorial de 3 de febreiro de 2011 tratouse, entre outros temas, as borradores dos títulos dos seguintes ciclos: CM Técnico en xardinaría e floraría, CS Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, CS Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web, CM Técnico en electromecánica de vehículos automóbiles, CS Técnico superior en dirección de cociña, CS Técnico superior en dirección de servizos en restauración. Consulta aquí a información da reunión.

TÍTULOS DE ENSINANZAS DE FP

Intervención da CIG-Ensino:

 

- Hai que modificar as ráteos, o nº máximo de alumnos e alumnas por aula debería ser de 20. Hoxe a rateo é 30 segundo a Orde de 23 de abil de 2007 e este é un número excesivo para un ensino práctico como o dos ciclos de FP, de feito esto está recoñecido pola administración ao limitar en moitos ciclos a matrícula a 22. A Consellaría limítase a responder que as ráteos están fixadas por Decreto.Por parte da CIG-Ensino insistimos en que houbo retrocesos neste tema.

 

- Contemplar a existencia de desdobres no caso de superarse a ráteo de 20 fixada no apartado anterior,  indicando en cada decreto os módulos susceptíbeis de desdobre tendo en conta non só razóns de perigosidade senón tamén dunha correcta atención individualizada ao alumnado. Tamén permitir máis dun grupo por Ciclo Formativo cando exista demanda (algo que se permite no ensino privado). A Consellaría responde se duplican os ciclos onde o poden facer por haber espazo.

 

- Debe facerse un esforzo nas programacións para contextualizar os contidos segundo as especificidades que poida ter o desenvolvemento da profesión na Galiza. Para isto, habería que engadir un novo obxectivo xeral (art. 9) en todos os decretos: Coñecer e valorar as especificidades que se derivan do desenvolvemento da súa profesión na Galiza. Ademáis, non hai razón para que a Consellaría non introduza módulos propios nos currículums, non hai ningunha lexislación que o impida e a Adminsitración galega ten competencias para desenvolver o 45% dos contidos dos ciclos xa que os Reais Decretos estatais só fixan os contidos mínimos. Se se considera preciso, débense introducir módulos proprios, aínda que xa sabemos que non é a política desta administración porque os pucos que había en títulos xa aprobados como os módulos de síntese nos CM e o módulo de Cociña galega de vangarda foron suprimidos. A Consellaría responde que todos os contidos de cociña galega de vangarda foron recollidos nunha unidade formativa diferenciada. Tamén que este tipo de especificidades poden facerse chegar desde o contraste que está operativo na web da Consellaría.

 

- Uso do galego: incluir en cada título un artigo indicando que módulos deben ser de obrigada impartición en galego para que se cumpra a lexislación vixente. Preocúpanos a impartición en galego, sería oportuno que se explicitasen os módulos de obrigada impartición. Ademais o alumnado, segundo o propio decreto, debe coñecer o vocabulario específico en galego en todos os módulos polo que é preciso adoptar as medidas oportunas para elaborar materiais en galego para todos os módulos. Deben tamén adoptarse medidas para dotar de competencia lingüística en galego a aquel alumnado que non cursou os estudos previos en Galiza e non dispón desta competencia. Como mínimo debe garantirse o 50% da docencia en galego, tendo en conta que a duración dos módulos é desigual. Educación responde que non se definen neste tema porque o ten que facer o centro en función do profesorado que poida dar as aulas en galego.

 

- A organización dos módulos en actividades formativas de menor duración é moi desigual nos decretos dos ciclos, no CS de Desenvolvemento de aplicacións web só se poderá dividir o módulo de FOL, noutros dous ciclos poderase dividir o módulo de FOL e outro máis e só en dúas unidades de menor duración (CS Dirección de cociña e CS Dirección de servizos de restauración) e nos restantes pódense dividir 4 módulos en 8 unidades (CS aplicacións de multiplataforma), 5 módulos en 10 unidades (CM Xardinería) e 7 módulos en 17 unidades (CM Electromecánica de vehículos automóviles). Deberíase fomentar a división dos módulos para facilitar a adquisición e acreditación de competencias profesionais e fomentar tamén a oferta destas unidades nas modalidades semipresencial e a distancia.

 

- Módulo de proxecto (CS): Unha parte do módulo debe desenvolverse con carácter previo e outra coincidindo coa realización do módulo profesional de formación en centros de traballo. Se se fai simultaneamente coa FCT non se lle van sacar todas as posibilidades a este módulo. Unha parte deste módulos debe ser anterior á FCT, senón non lle vai dar tempo ao alumnado a realizalo por estar desenvolvendo un horario laboral e haber dificultades para as titorías. Terá que haber unha explicación previa do que terá que facer o alumnado neste módulo. Nos cadros horarios, deben asignarlse sesións lectivas semanais (1 ou 2) ao módulo de proxecto nos CS. A Consellaría responde que no Decreto non se fixa cando se ten que realizar, mais consideran que o mellor é facelo como actualmente, ao final.

 

- Deben abordarse as modificacións lexislativas precisas para posibilitar que o profesorado das especialidades do corpo de PES nas que se esixe para o acceso ao corpo formación específica nese campo, por ejemplo na especialidade de Hostelaría e turismo, poida impartir o módulo de Empresa e iniciativa emprendedora.

 

- Cómpre un plano de formación do profesorado para impartir con garantía de calidade os novos ciclos. A Consellaría responde que o plan de formación do profesorado está previsto. A CIG-Ensino responde que a formación nos novos módulos é necesaria e neste momento insuficiente, o profesorado demandan formación e formación no noso idioma.

-É preciso asimismo revisar e actualizar o equipamento dos Centros para poder impartir os novos módulos formativos e incluso, nalgún caso, será preciso ampliar as instalacións.

- Hai un erro no Anexo VI do CM de Xardinería: o módulo “Composicións florais e con plantas” debe ser impartido polos PTFP da especialidade Operación e equipamentos de produción agraria segundo se recolle no Anexo III e non polos PES de Procesos de Produción agraria.

- O vixente ciclo superior de Restauración divídese en dous: CS Dirección de cociña e CS dirección de servizos de restauración. Vanse ofertar os dous nos centros que hoxe ofertan o CS de Restauración?.  A Consellaría responde que a planificación farase posteriormente.

 

- No ciclo de Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web incorporar os seguintes textos: 

  

  • artigo 5, a), engadir ao final: “buscando sempre a galeguización de sistemas, aplicacións e software. 
  • artigo 5, m), engadir ao final: “traballar para que este software teña versións en galego. 
  • artigo 5, n), engadir ao final: “na lingua galega”. 

A Consellaría acepta estas propostas. 

Volver