
Asínase un II preacordo máis regresivo que o 1º no que se refire aos dereitos salariais e laborais das traballadoras
Información da 11ª e 12ª mesa negociadora do XV convenio no sector da discapacidade
Tanto CCOO como UGT volven ceder ante as presións das patronais asinando un II preacordo á baixa en dereitos laborais e salariais. Unha vez máis danlles as costas aos traballadores/as e semellan ter urxencia por rematar as negociacións e asinar rápido, en vez de loitar por dignificar o convenio; pois non aceptaron nin colaboraron en absoluto en conseguir sacar adiante ningunha das propostas de mellora das levadas pola CIG-Ensino
Con este II preacordo asinado o luns 21 de xaneiro (co ultimato do dúo AEDIS e FEACEM) empeorase o 1º e sáelles a xogada perfecta ás patronais, pois modifica recortando o seguinte:
1º - CLASIFICACIÓN PROFESIONALE PROPOSTA SALARIAL. Mentres a proposta de clasificación profesional segue igual, a proposta salarial non :
TÁBOAS SALARIAIS 2019-2020-2021 TÁBOAS 2022 |
|||||
GRUPO |
SALARIO DE ENTRADA |
CD N1 7,50% |
SB+N1 |
CD N2 5,50% |
SALARIO DE REFERENCIA GRUPO SB+N1+N2 |
Grado + Máster |
1.750,00 € |
131,25 |
1.881,25 |
96,25 |
1.977,50 |
Grado |
1.330,00 € |
99,75 € |
1.429,75 € |
73,15 € |
1.502,90 € |
Técnico Superior |
1.225,00 € |
91,88 € |
1.316,88 € |
67,38 € |
1.384,25 € |
Técnico |
990,00 € |
74,25 € |
1.064,25 € |
54,45 € |
1.118,70 € |
Auxiliar Técnico |
|
|
|
|
|
2019 |
900,00 € |
67,50 € |
967,50 € |
49,50 € |
1.017,00 € |
2020 |
900,00 € |
67,50 € |
967,50 € |
49,50 € |
1.017,00 € |
2021 |
930,00 € |
69,75 € |
999,75 € |
51,15 € |
1.050,90 € |
Operario (*) |
|
|
|
|
|
2019 |
737,00 € |
55,28 € |
792,28 € |
40,54 € |
832,81 € |
2020 |
774,00 € |
58,05 € |
832,05 € |
42,57 € |
874,62 € |
2021 |
800,00 € |
58,05 € |
858,05 € |
42,57 € |
900,62 € |
(*) Procederá establecer un complemento para chegar aos 900€ do SMI que será absorbible. Isto na práctica significará que teñan o salario conxelado ante posibles subas futuras. A quen cobre antigüidade ou outros conceptos salariais restaráselle o complemento ata cobrar os 900€ por lei.
- Estas táboas serán de aplicación para centros especiais de emprego, centros de atención especializada e centros educativos sen concerto. Antes recollíase nos concertados ao persoal complementario auxiliar e PAS, agora non. Estes rexeranse polos módulos concertados aprobados nos PXE (Presupostos Xerais do Estado) cunha pequena “mellora” para os coidadores e os Auxiliares Técnicos Educativos. Aos primeiros aplicaránselles estas subas ata o 2021 e posteriormente rexeranse polos PXE; aos segundos aplicaránselles estas táboas sempre que sexan requiridos e pagados pola administración e teñan “titulación”.
Rebaixa dos salarios base dos Grao+Máster, Técnico Auxiliar e Operario.
- Mantense a perda da antigüidade cos 2 últimos “trienios” N1 e N2. O N1 absorbe o antigo CDP ata o 5,6%; en vez do 7,5% que venden, a suba real será só do 1,9%.
- Estas subas seguen sen recuperar IPC perdido no XIV convenio (5,2%de 2012-2016 + 2,3%de 2017-18). As futuras revisións non garanten o IPC no futuro.
2º - XORNADA LABORAL(Empeoramento da redución anual nos CEE e Educativos)
Nos centros especiais de emprego, a redución de 1758h a 1720farase de forma progresiva, pois no 2019 serán 1750, no 2020 serán 1740 e no 2021 serán as 1720. Antes toda no 2019, e xa era mísera, pois a xornada anual está inflada segundo a máx. semanal.
Nos centros educativos, o persoal complementario titulado e auxiliar pasará de 1600h a 1575h en 2019, a 1560 en 2020; e no 2021 pasará a 1545h anuais, cando antes eran a 1525 e en menos tempo). Por que non aplicamos aquí o convenio da concertada para todos/as ao igual que se fai nas I.T. e en futuras revisións salariais?
3º - PERMISOS RETRIBUÍDOS(Mínima mellora co reivindicado polo colectivo)
No novo permiso para visitas médicas e titorías escolares pásase na bolsa de 16h laborais anuais a 20h.Nas reivindicacións mínimo recuperar os 6 días de asuntos propios.
4º - I.T. (INCAPACIDADE TEMPORAL). ( empeoramento nos centros educativos)
Nos centros educativos recóllese a redacción do VI convenio da concertada no sentido que os traballadores/as docentes cobrarán o 100% as I.T. se as paga a administración, o que era un dereito seguro do traballador/a agora queda à vontade da administración. Os demais traballadores/as terán cuberto o 100% durante os 3 primeiros meses(+). Séguense sen recuperar os dereitos do XIII convenio para o resto de traballadores/as.
5º - OUTROS ACORDOS:
- A acumulación das horas de lactancia fixadas en 20 días no 1º preacordo agora déixanse a “negociar entre as partes”. (Empeoramento…)
- Os complementos de algúns postos de traballo ou categorías terán unha cláusula de garantía, e serán revisables coas subas ao igual co salario. (Xa estaba negociado así)
- Introdúcese unha cláusula de inaplicación salarial, que a resolverá a Comisión paritaria, é dicir, os asinantes do convenio. (Claro entreguismo e paso atrás)
- Regularase a posibilidade de que o persoal poida traballar nos 3 tipos de centros, ou sexa máis mobilidade funcional para os traballadores/as e flexibilidade ás patronais. (Empeoramento)
- Crearase unha Comisión para estudar novas posibles categorías profesionais. ( ??)
- Os/as maiores de 55 anos terán a prioridade de acceder a postos de promoción interna en caso de empate na disputa destes postos. (Nós reivindicábamos redución xornada)
- Créase un novo complemento de perigosidade de 20€ por mes traballado (máximo 220 ano) sempre que se traballe en centros asistenciais e se “atenda a persoal recoñecido pola administración con trastorno da conduta”.(O pagador debe recoñecelo…en fin!!!)
- Traballadoras vítimas de violencia de xénero optarán a 3 meses de adiantado do soldo.
- Por nacemento de fill@/adopción o traballador/a cobrará 150€ (300€ se é discapacitado)
Vistas as nulas negociacións a nivel estatal, por patronais que actúan como “empresas privadas” no canto de “asociacións” e sindicatos estatais entregados e pactistas, dende a CIG-Ensino seguiremos loitando por un marco galego de negociacións, como a única vía de Negociación Real e de dignificación dos dereitos laborais e salariais do sector, con quen ten as competencias (a Xunta), as patronais galegas e coa participación e decisión dos traballadores/as do sector nas negociacións, evitando que as cúpulas sindicais vos suplanten e decidan por vós. Para iso temos que seguir sendo maioritarios en Galicia…
Novas relacionadas