
Asinado o VII convenio colectivo estatal de centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos
A CIG-ensino non subscribiu este VII convenio
Non o asinou por involutivo, por non dar respostas ás demandas salariais e laborais dos traballadores/as do sector e por carecer de negociación real unha vez máis, asumindo as esmolas dunha patronal impositiva.
O mércores 18 de novembro asinouse este VII convenio por parte das patronais do sector ACADE e CECE e as OO.SS de CCOO, UGT e USO, que dende CIG-Ensino non subscribimos, xa que, que asinaron estas organizacións en só 3 mesas de negociación durante os 2 anos que estivo denunciado?
1º - Unha vixencia do mesmo até decembro de 2021. (O positivo, o curto espazo temporal).
2º - Unha adaptación legal á normativa actual (modificacións Estatuto Traballadores/as, Lei de Igualdade,…) regulada dende a sinatura do VI convenio (2013), que xa é obrigado por Lei facelo e para que Traballo autorice a publicación do novo convenio no BOE.
3º - Proposta salarial sen retroactividade, aumentando a perda de poder adquisitivo acumulado e sen garantir o futuro ao carecer de cláusula de revisión e garantía salarial pola desviación do IPC. A proposta, que foi feita pola parte social, foi a seguinte:
Tablas salariais 2017 - 2018 e 2019 - “CONXELACIÓN SALARIAL”.
Tablas salariais 2020 - Suba do 2%.
Tablas salariais 2021 - Suba do 2%.
Hai que recordar que desde a sinatura do VI convenio (ano 2013)até as últimas táboas asinadas do 2016 aperda acumulada de poder adquisitivo foi do 4%, que sumado ao IPC perdido coa conxelación dos anos 2017 a 2019 do 3,1%, acada unha perda acumulada do IPC do 7,1%.
ONDE ESTÁ A SUBA SALARIAL LOGO? Seguimos con perdas e en salarios moi precarios.
4º - Compromiso de crear unha “comisión de traballo” para tratar a xornada dos docentes diferenciando horas lectivas de non lectivas. Isto é vender fume e escapar á negociación, retrasándoa, pois xa hai creadas varias comisións no VI convenio e nada se fixo.
Desde CIG-ensino por coherencia na nosa acción sindical, referendada polos traballadores/as galegos/as que representamos, non subscribimos este VII convenio xa que non dá resposta ás nosas reivindicacións tanto no ámbito salarial como no de dereitos laborais.
Ademais este VII convenio resulta incluso involutivo por reproducir na practica o VI convenio (que nós xa non asinamos) con algunha perda de dereitos como poden ser os 3 días de permiso retribuído por nacemento de fillo/a, sendo o resto do articulado adaptacións legais por aplicación de normativa nova regulada por Lei, como xa nomeamos antes, dende a vixencia do anterior convenio.
Non entendemos como non se recolleu a SUBROGACIÓN empresarial dos traballadores/as, cando isto era unha reivindicación básica e vital de todos os sindicatos e incluso empresas.
Aquí é onde se ve a nula negociación e a irresponsabilidade, tanto das patronais como sindicatos maioritarios, deixando pasar o tempo na constitución da mesa negociadora (un ano despois da denuncia do convenio), dilatando as negociacións ate chegar á última hora e polo ameaza da ULTRAACTIVIDADE, asinar algo axiña para evitar que decaera o convenio (este convenio marca un límite de 2 anos para negociarse). Algo positivo foi eliminar esta ultraactividade, algo básico que tamén se reivindicaba e entorpecía, quedando agora este convenio sempre en vigor ate a sinatura dun novo. Esta migalla conseguiuse nas dúas mesas que tivemos para acordar a adaptación do convenio, entregando outros dereitos, como se dun cambio de cromos se tratase.Exemplo sacar os 3 días de permiso e introducir a xubilación forzosa, pola adaptación ao SMI dos salarios que quedaban por debaixo, evitando absorción da antigüidade e na excedencia voluntaria sacar a limitación ao comezo de curso (algo xa alegal).
Outras propostas que reivindicamos a parte social en conxunto ( nunha proposta de mínimos, feita na 1ª mesa), pero que os tres asinantes decidiron tamén obviar, foron: a mencionada recuperación salarial (pediamos a suba do 9% entre 2019,2020 e 2021), melloras nas licenzas e permisos (recoñecer as parellas de feito, días de asuntos propios e días de permiso para asistencia médicos, propias, de fillos/as menores e persoas maiores ou dependentes a cargo), melloras na xornada (mínimo horas lectivas e non lectivas), outras melloras sociais (excedencias, flexibilidade da xornada por conciliación, plans igualdade, maiores 55 anos, xubilación parcial…), adaptar a clasificación profesional (eliminando categorías como profesor auxiliar…) e emprego dunha linguaxe non sexista no texto.
PROPOSTAS BÁSICAS DEFENDIDAS POR CIG-ENSINO NA NEGOCIACIÓN , FORON:
En primeiro lugar, insistir no emprego dunha linguaxe non sexista en toda a redacción do texto, empregando termos neutros e ambos xéneros cando isto non sexa posible.
En segundo lugar, adaptación do texto ao recolleito na normativa laboral vixente que entrou en vigor logo da negociación e/ou publicación do VI convenio en vigor.
1.- Introducir SUBROGACIÓN empresarial de todos os/as traballadores/as, como algo prioritario, así como a ULTRAACTIVIDADE para garantir manter o convenio sempre en vigor.
2.- Recuperación salarial: retroactividade co IPC para as táboas 2017 , 2018 e 2019. O 2020 subida lineal de 630 euros/ano para os salarios inferiores ao salario medio galego anual (21.000€) é dicir, dun 3% lineal. O resto de anos cláusula de garantía salarial pola desviación do IPC, compensando perda acumulada de poder adquisitivo (4%) na vixencia do VI convenio. Igualar, por arriba,os salarios das mesmas categorías nas 2 seccións, A e B, das táboas salariais do convenio. Aplicar o SMI a aqueles que estean por debaixo.
3.- Redución da xornada laboral a 35 horas semanais dos grupos II e III. Os docentes máximo 30h. lectivas e o resto non lectivas, dentro das súas horas máximas semanais.
4.- Eliminación dos descontos en caso de incapacidade temporal por enfermidade común, profesional ou accidente laboral e non laboral durante todo o tempo da baixa.
5.- Plus de festividade ( 35% máis de salario). Plus de transporte (mínimo á parcialidade).
6.- Recoñecemento de enfermidades profesionais, propias e relacionadas co sector.
7.- Días de permiso por asuntos propios ( para temas administrativos, titorías escolares,…).
8.- Permiso retribuído polo tempo necesario para asistir a consultas médicas o traballador/a, fillos/as menores de idade (acollidos/as) e familiares maiores ou dependentes.
9.- Reserva do posto de traballo durante o primeiro ano nas excedencias voluntarias, e durante toda a vixencia das mesmas, naquelas por coidado de fillo/a, ou por coidado de familiar ou persoa dependente a cargo que convivan co traballador/a. a duración máxima destas tres modalidades de excedencias será de cinco anos. .
10.- Dereito á redución de xornada para maiores de 55 anos. Xubilación parcial.
11.- Melloras na conciliación familiar e laboral: maternidade, paternidade, lactancia, flexibilidade xornada e redución de xornada por coidados a menores e maiores a cargo,…
12.- Adaptación e mellora da clasificación profesional. (profesor auxiliar extinguir).
13.- Regular as horas extraordinarias (mínimo ao 150%).
14.- Medidas reais de igualdade: plans de igualdade.
CRONOLOXÍA DESTA “NEGOCIACIÓN” DO VII CONVENIO:
Denuncia do mesmo o 31 de outubro de 2018 e Constituíuse a mesa negociadora o 21 de outubro de 2019, case un ano despois !! E a responsabilidade dos maioritarios?
Logo a 1ª mesa negociadora o 15 de novembro de 2019 – 2ª mesa negociadora 7 de xullo do 2020 - 3ª mesa negociadora o 6 de outubro do 2020 (a do preacordo) – 4ª e 5ª mesas o 6 e 12 de novembro do 2020 (a das adaptacións legais ao texto) e a 6ª mesa o 18 de novembro de 2020 (a de sinatura do VII convenio).
Esto amosa, ás claras: falta de negociación, imposición patronal e entreguismo e pactismo dos sindicatos estatais, que contrasta co modelo reivindicativo, combativo e participativo da CIG-Ensino.
Táboas Salariais 2020 e 2021
Táboas salariais 2020.Suba do 2% sobre as de 2016. |
||||
Sección A: Aplicables a centros de Ensinanzas Especializadas e Regradas de carácter profesional (Perruquería e Estética) |
|
|
||
Categoría |
Salario |
Trienio |
||
Grupo I. Persoal docente: |
|
|
||
Profesor/a titular |
1219,95 |
34,90 |
||
Xefe/a de Taller ou Laboratorio |
1219,95 |
34,90 |
||
Profesor/a Adxunto/a ou Auxiliar |
1128,37 |
32,44 |
||
Instrutor/a |
1009,30 |
28,70 |
||
Grupo II. Persoal administrativo: |
|
|
||
Xefe/a de Administración |
1240,17 |
33,03 |
||
Oficial de Administración |
1005,77 |
27,90 |
||
Auxiliar Administrativo/a |
950,00 |
27,90 |
||
En formación |
950,00 |
27,90 |
||
Grupo III. Persoal de Servizos Xerais: |
|
|
||
Conserxe |
1046,26 |
27,90 |
||
Oficial de 1.ª |
998,35 |
27,90 |
||
Porteiro/a |
950,00 |
27,90 |
||
Celador/a |
950,00 |
27,90 |
||
Persoal de limpeza |
950,00 |
27,90 |
||
Persoal non cualificado |
950,00 |
27,90 |
||
En formación |
950,00 |
27,90 |
||
Sección B: Aplicable a centros de Ensinanzas Regradas Musicais e de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos |
||||
Categoría |
Salario |
Trienio |
||
Grupo I. Persoal docente: |
|
|
||
Profesor/a titular |
1143,96 |
31,43 |
||
Xefe/a de Taller ou Laboratorio |
1143,96 |
31,43 |
||
Profesor/a Adxunto ou Auxiliar |
1037,00 |
28,70 |
||
Mestres/as de Taller ou Laboratorio |
1037,00 |
28,70 |
||
Instrutor/a |
950,00 |
26,59 |
||
Grupo II. Persoal administrativo: |
|
|
||
Xefe/a de Administración |
1240,17 |
33,03 |
||
Oficial Administrativo/a |
986,05 |
27,90 |
||
Auxiliar Administrativo/a |
950,00 |
27,90 |
||
En formación |
950,00 |
27,90 |
||
Grupo III. Persoal de Servizos Xerais: |
|
|
||
Conserxe |
1046,26 |
27,90 |
||
Oficial de 1.ª |
998,35 |
27,90 |
||
Porteiro/a |
950,00 |
27,90 |
||
Celador/a |
950,00 |
27,90 |
||
Persoal de limpeza |
950,00 |
27,90 |
||
Persoal non cualificado |
950,00 |
27,90 |
||
En formación |
950,00 |
27,90 |
||
Táboas salariais 2021Suba do 2% sobre as de 2020. |
||||
Sección A: Aplicables a centros de Ensinanzas Especializadas e Regradas de carácter profesional (Perruquería e Estética) |
||||
Categoría |
Salario |
Trienio |
||
Grupo I. Persoal docente: |
|
|
||
Profesor/a titular |
1244,35 |
35,60 |
||
Xefe/a de Taller ou Laboratorio |
1244,35 |
35,60 |
||
Profesor/a Adxunto ou Auxiliar |
1150,93 |
33,09 |
||
Instrutor/a |
1029,49 |
29,27 |
||
Grupo II. Persoal administrativo: |
|
|
||
Xefe/a de Administración |
1264,97 |
33,69 |
||
Oficial de Administración |
1025,89 |
28,45 |
||
Auxiliar Administrativo/a |
SMI |
28,45 |
||
En formación |
SMI |
28,45 |
||
Grupo III. Persoal de Servizos Xerais: |
|
|
||
Conserxe |
1067,19 |
28,45 |
||
Oficial de 1.ª |
1018,32 |
28,45 |
||
Porteiro/a |
SMI |
28,45 |
||
Celador/a |
SMI |
28,45 |
||
Persoal de limpeza |
SMI |
28,45 |
||
Persoal non cualificado |
SMI |
28,45 |
||
En formación |
SMI |
28,45 |
||
Sección B: Aplicable a centros de Ensinanzas Regradas Musicais e de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos |
||||
Categoría |
Salario |
Trienio |
||
Grupo I. Persoal docente: |
|
|
||
Profesor/a titular |
1166,84 |
32,06 |
||
Xefe/a de Taller ou Laboratorio |
1166,84 |
32,06 |
||
Profesor/a Adxunto/a ou Auxiliar |
1057,74 |
29,27 |
||
Mestres/as de Taller ou Laboratorio |
1057,74 |
29,27 |
||
Instrutor/a |
SMI |
26,59 |
||
Grupo II. Persoal administrativo: |
|
|
||
Xefe/a de Administración |
1264,97 |
33,69 |
||
Oficial Administrativo/a |
1005,77 |
28,45 |
||
Auxiliar Administrativo/a |
SMI |
28,45 |
||
En formación |
SMI |
28,45 |
||
Grupo III. Persoal de Servizos Xerais: |
|
|
||
Conserxe |
1067,19 |
28,45 |
||
Oficial de 1.ª |
998,35 |
28,45 |
||
Porteiro/a |
SMI |
28,45 |
||
Celador/a |
SMI |
28,45 |
||
Persoal de limpeza |
SMI |
28,45 |
||
Persoal non cualificado |
SMI |
28,45 |
||
En formación |
SMI |
28,45 |