Asinadas as novas táboas salariais xerais do convenio colectivo estatal de centros de asistencia e educación infantil etapa 0-3
Aplicada a sentenza da Audiencia Nacional de adaptación salarial coa suba do 5,5% en todos os conceptos retributivos e dende 01/09/21
Este pasado 12 de xullo tivo lugar a sinatura das novas táboas salariais xerais do Convenio colectivo estatal de centros de asistencia e educación infantil etapa 0-3, tras a sentenza da Audiencia Nacional (AN), gañada polas OO.SS que estamos presentes na mesa negociadora en Madrid ás patronais do sector, que non querían cumprir o mísero XII convenio asinado en 2019 segundo recolle a disposición final 5ª e transitoria 9ª.
Deste xeito actualízáronse as “táboas salariais xerais” e de “obras sociais” (caixas aforros) incrementándoas un 5,5% que deberá aplicarse dende o mes de setembro de 2021, aboando os atrasos que correspondan no prazo de 3 meses dende que se publiquen as novas táboas no BOE e sempre antes de decembro de 2022.
Con este incremento salarial o SMI (1000€ dende xaneiro do 2022) verase tamén saldado, nas categorías máis baixas, ao quedar sobrepasado.
Dende a CIG-Ensino non asinamos estas táboas, porque non somos asinantes deste XII convenio e porque reivindicamos a aplicación da disposición final 5ª ás táboas salariais de “xestión indirecta” tal cal recolle na súa literalidade, incrementándoas tamén o 5,5%, que como ben sabedes e vos explicamos, non se acadou na AN como consecuencia da alianza dos sindicatos asinantes do convenio coas patronais do sector.
O máis triste de todo isto é que estas melloras se deban á desmesurada inflación dos prezos e a sentenzas gañadas no xulgado e non á capacidade de presión da parte social na negociación colectiva das mesas en Madrid, debido a que todas as OO.SS estatais, incluída a descolocada maioritaria, manteñen un pactismo e entreguismo ás patronais que impide que poidamos acadar un convenio digno e xusto.
En setembro comeza a negociación do XIII convenio e con estes antecedentes nada parece que vaia cambiar, polo que dende a CIG-Ensino intentaremos mudar o rumbo das negociacións e que dunha vez por todas se dignifiquen as condicións laborais e salariais do persoal traballador deste sector. De non acadarmos este obxectivo e caso de sermos maioritarios na Galiza, dende a CIG-Ensino comprometémonos a loitar por un Marco Galego de Negociación como única vía de negociación real, como sempre defendemos, que nos leve a un Convenio Galego xusto e digno.
ANEXO I : TÁBOAS SALARIAIS XERAIS DE CENTROS DE E.I. ETAPA 0-3
A APLICAR DENDE O 21 DE SETEMBRO DE 2021.
DENDE A PUBLICACIÓN EN BOE NUN PRAZO DE 3 MESES E LÍMITE 31/12/2022.
|
||||||
|
SALARIO MENSUAL |
SALARIO ANUAL (14 PAGAS) |
CPP (14) |
|||
GRUPO I. PERSOAL DE AULA |
|
|
|
|||
Mestra/e |
1.489,30 € |
20.850,20 € |
31,74 € |
|||
Educador/a Infantil |
1.028,63 € |
14.400,82 € |
24,38 € |
|||
Auxiliar de apoio |
1.018,07 € |
14.252,98 € |
16,80 € |
|||
|
|
|
||||
GRUPO II. PERSOAL DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
|
|
|
|||
Persoal especializado: logopeda, psicólogo, enfermeiro, médico, pedagogo, … |
1.478,37 € |
20.697,18 € |
31,16 € |
|||
|
|
|
|
|||
GRUPO III. PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS |
|
|
|
|||
Persoal de cociña |
1.018,07 € |
14.252,98 € |
16,80 € |
|||
Persoal de limpieza |
1.018,07 € |
14.252,98 € |
16,80 € |
|||
Personal de mantemento |
1.018,07 € |
14.252,98 € |
16,80 € |
|||
Persoal de servizos xerais |
1.018,07 € |
14.252,98 € |
16,80 € |
|||
Persoal administrativo |
1.018,07 € |
14.252,98 € |
16,80 € |
|||
|
SALARIO MENSUAL |
SALARIO ANUAL |
||||
CARGOS DIRECTIVOS TEMPORALES |
|
|
||||
Director |
1.508,65 € |
21.121,10 € |
||||
Subdirector |
1.508,65 € |
21.121,10 € |
||||
Director pedagógico |
1.508,65 € |
21.121,10 € |
||||
NOTA: O CPP DO CARGO DIRECTIVO SERÁ O QUE CORRESPONDE AO SEU POSTO DE TRABALLO |