Asembleas informativas polo recurso contra a listaxe de aprobados nas oposicións de secundaria 2007
Publicado no DOG o emprazamento dos/as interesados/as
Recurso 537/2007: Listaxe aprobados
Secundaria Oposicións 2007
Que se recorre?
Este recurso Contencioso Administrativo foi presentado pola Asociacion Galega de Opositores e Opositoras do Ensino, contra a Orde do 3 de agosto de 2007 (DOG 23/08/07) pola que se fai pública a lista de opositores/as que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisicion de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos citados corpos da Comunidade Autónoma de Galiza.
O recurso que pide?
Mentres non sexa presentada a demanda non se coñece que solicita, xa que soamente está presentado un escrito polo cal interpoñen o recurso contra a orde anteriormente citada.
O recurso a quen afecta?
Este Recurso afecta exclusivamente ao profesorado en práticas do corpo de Profesores de Ensino Secundario, Profesorado de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesorado de Música e Artes Escénicas e Profesorado Técnico de Formación Profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos citados corpos da comunidade autónoma de Galiza; non afecta ao profesorado de Primaria.
Por que foi admitido a trámite?
Como norma xeral, todos os recursos, se están presentados sen defectos de forma, son admitos a trámite, o que non presupón que haxa sentenza favorábel.
Que podes facer ante o anuncio do recurso no DOG do 7 de marzo?
A finais desta semana ou principios da que vén, está previsto que o recurso sexa anunciado no DOG. Hai nove días para comparecer, pero desde a CIG-Ensino, para evitar que as vacacións de Semana Santa interfiran nos prazos, estabeleceremos un prazo até o xoves día 13.
Que vai facer a CIG-Ensino?
A CIG-Ensino vai comparecer no proceso; en consecuencia está garantida a defensa de todos e todas as afectadas.
Que hai que facer para personarse?
Tes dereito a comparecer (personarse) en todo o proceso. Para facilitar as cousas a todos e todas que queiran comparecer teñen que outorgarnos un poder notarial para que se poida actuar no seu nome. Se tes interese en facelo, debes porte en contacto co sindicato o máis axiña posíbel nos teléfonos abaixo indicados. Con motivo das vacacións de Semana Santa, o poder notarial debería estar en mans do sindicato antes do xoves, día 13 de marzo.
A CIG-Ensino quere trasladarvos unha razoábel tranquilidade e informarvos de todo este proceso nas seguintes Asembleas informativas.
ASEMBLEAS INFORMATIVAS: luns 10 de marzo
SANTIAGO: LOCAL DA CIG (Rúa Ferro Caaveiro 10) ás 18:30h Teléfono: 981576800
A CORUÑA: LOCAL DA CIG (Edificio Sindical) ás 18:30h Teléfono: 981169810
FERROL: LOCAL DA CIG (Eduardo Pondal 41-43) ás 18:00h Teléfono: 981358750
LUGO: EDIFICIO SINDICAL (Salón de Actos) ás 18:30h Teléfono: 982245023
PONTEVEDRA: LOCAL DA CIG (Pasantería 1) ás 18:30h Teléfono: 986861513
OURENSE: LOCAL DA CIG (Parque San Lázaro 12) ás 18:30h Teléfono: 988238350
BURELA: LOCAL DA CIG (Arcadio Pardiñas 137 Gal. 1º. A) ás 18:30h Teléfono: 982129593
O BARCO: IES Lauro Olmo (Rúa Calabagueiros s/n ) ás 18:30h
VERÍN: Local Sindical (Pedro González 5) ás 18:30
VIGO: LOCAL SINDICAL (Gregorio Espino 47) ás 18:30h Teléfono: 986827935
CIG-Informa sobre o Recurso 537/2007: Listaxe aprobados Secundaria Oposicións 2007. Imprímeo e espállao