As Xuntas de Persoal Docente de Ensino non universitario da provincia de Pontevedra, A Coruña e Lugo acorda apoiar a folga xeral

Folga Xeral

Ante a política de recortes sociais e supresión de dereitos das traballadoras traballadores, a Xunta de Persoal Docentede Ensino non universitario da provincia de Pontevedra acordou, por maioría dos seus membros –agás ANPE- apoiar a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de setembro e fai un chamamento ao profesorado a secundar esta convocatoria de folga e participar nas mobilizacións convocadas nesta xornada.

A Xunta de Persoal Docente de Ensino non universitario da provincia de Pontevedra acorda apoiar a folga xeral

Ante a política de recortes sociais e supresión de dereitos das traballadoras e traballadores, a Xunta de Persoal Docentede Ensino non universitario da provincia de Pontevedra acordou, por maioría dos seus membros –agás ANPE- apoiar a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de setembro e fai un chamamento ao profesorado a secundar esta convocatoria de folga e participar nas mobilizacións convocadas nesta xornada.
8 de setembro. Concentración e ocupación do Santander en A Coruña V
A Xunta de Persoal Docente de Ensino non universitario (XPD) de Pontevedra está formada por 41 delegados e delegadas elixidos nas eleccións sindicais realizadas en novembro de 2006.
É o órgano de representación do profesorado nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Programas de Cualificación Profesional Inicial, Formación Profesional, así como os centros de Educación de Adultos, Escolas Oficiais de Idiomas e Conservatorios.
A XPD representa a máis de 28.000 profesores e profesoras e está composta por un total de 41 representantes, dos que 38 se sumaron á chamada á folga xeral, nomeadamente CIG-Ensino, Fete-UGT, CCOO e STEG.
O traballo deste colectivo realízase en máis de 420 centros públicos nos que cursan os seus estudos máis de 98.000 alumnos e alumnas, segundo datos do Instituto Galego de Estatística de agosto de 2010. Datos que non inclúen o alumnado de Educación de Adultos nin das Escolas Oficias de Idiomas e Conservatorios.

Volver