As patronais fan novas propostas "finalistas" e só para os dous tipos de táboas salariais do convenio, que para a CIG-Ensino son insuficientes e discriminatorias.
Información da mesa 14ª do convenio colectivo estatal de infantil (03/04/19)
As demais OO.SS desbotaron a anterior proposta patronal, volvendo á proposta social unitaria, na que nos mantivemos firmes na CIG-Ensino.
Nesta 14ª mesa de negociación, todas as OO.SS amosamos unha clara desconformidade ante a proposta da patronal na anterior mesa para as táboas xerais, pero con matices, pois os demais só reivindicaron a non aplicación do SMI, como tal, e que sexa o salario base de 900€; que a revisión salarial sexa retroactiva dende 2018 e que as subas salariais futuras teñan cláusula de revisión salarial na liña do AENC (para nós, garantir mínimo o IPC real, pois non compartimos o AENC asinado por patronais, CCOO e UGT). É dicir, reivindicaron a proposta conxunta que tiñamos todas ás OO.SS no aspecto salarial (na que nos mantiveramos a CIG-Ensino), pois as melloras laborais do resto do articulado do convenio só foi reivindicado por nós, pola CIG-Ensino, que incluso propuxemos aos demais, unha vez máis, presionar á patronal con mobilizacións de non conseguir melloras significativas, tanto salariais como laborais, tal e como nos demandan as traballadoras/es.
A nosa defensa dos dereitos dos traballadores/as e a denuncia pública que fixemos do “entreguismo”, supuxo que as demais OO.SS volveran, en certa forma, á nosa posición. Isto provocou que as patronais tiveran que ofertar melloras, aínda que minimamente se moveron nas táboas xerais. Presentaron as táboas de xestión indirecta (escolas públicas financiadas polas administracións) facendo un achegamento á proposta social conxunta pero só coa garantía de aplicar aos traballadores/as segundo se vaian asinando novos pregos a partir de xaneiro deste ano, pois os anteriores a esta data e as posibles prórrogas terán outras táboas á baixa, até setembro de 2021, como máximo.
A BANCADA PATRONAL, presenta unha nova proposta “definitiva” en aras de chegar a un acordo, pero só en termos salariais, pois o resto do convenio quedaría tal cal está, só con adaptacións legais ao texto de obrigado cumprimento.
PROPOSTA TÁBOAS XERAIS
Para os anos 2016, 2017 e 2018 mantemento dos salarios, é dicir, conxelación.
|
-MESTRES - TITULADOS |
EDUCADORES/AS |
RESTO PERSOAL |
ANO 2019 |
Suba do 2% dende publicación no BOE
|
925€ dende a publicación no BOE (5% suba co C.E. incluído) |
900€ pero dende publicación BOE |
ANO 2020 |
Suba do 2% dende setembro
|
||
ANO 2021 |
Suba do 1% dende setembro(revisable co IPC)
|
Caso de novos SMI en 2020 e 2021 reunirase a mesa de negociación para fixar novas cantidades.
PARA A CIG-ENSINO ESTA PROPOSTA SEGUE SENDO INADMISIBLE E INASUMIBLE.
Recordamos que a perda de poder adquisitivo dos anos de vixencia do XI convenio pasa do 10%, que non se recupera no grupo das mestras e das educadoras, só no resto de persoal e por aplicación da Lei do SMI. Ademais non se recuperaría a retroactividade de anos anteriores conxelados (só demandamos a de 2018, que menos!!). Como exemplo, unha educadora deixou de cobrar neste período de aplicación do XI convenio + de 10.000€, por non terlle aplicado o IPC correspondente a cada ano tal e como recolle o convenio.
As demais OO.SS tamén as desbotan polos motivos expostos anteriormente, pero valorarán en conxunto coa proposta das táboas de xestión indirecta. Aceptan todas negociar só táboas salariais.
PROPOSTA TÁBOAS XESTIÓN INDIRECTA
|
MESTRES/AS – TITULADOS (grupo cotización 2) |
EDUCADORES/AS ( grupo cotización 4) |
RESTO PERSOAL (grupo cotización 6) |
|
ANO 2019 |
Suba do 1,5% (pregos en vigor ou con prórroga) …………………………………………………..
Suba do 3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019)
Dende 1/01/2019 nos 2 casos.
|
910€ (pregos en vigor ou con prórroga) C.E. incluído. …………………………………………………………………..
1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) C.E. incluído. Dende 1/01/2019 nos 2 casos.
|
900€ (pregos en vigor ou con prórroga) …………………………………….
950€ (novos pregos licitados dende 1/01/19)
Dende 1/01/2019 nos 2 casos |
|
ANO 2020 |
Suba do 1,5% dende setembro (pregos en vigor ou con prórroga)
|
|||
3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019) Dende 1/01/2020
|
1.100€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) C.E. incluído Dende setembro
|
1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) Dende setembro |
||
ANO 2021
|
IPC ano anterior cun mínimo do 2% de suba. Dende setembro |
1.122€ (para todo tipo de pregos) C.E. incluído Dende setembro |
1020 € (para todo tipo de pregos) Dende setembro |
A partir de setembro de 2021, o grupo mestras/es igualarán salarios co dos novos pregos dende 1/01/2019.
CLÁUSULAS DE GARANTÍA
Ao traballador/a que teña un salario total (salario máis complementos), con absorción e compensación do complemento específico, no seu caso, superior ao establecido anteriormente, respectaráselle dito salario.
Estabelécese un período transitorio até setembro de 2021 para os traballadores/as dos centros con contratos ou subvencións en vigor anteriores ao 1/01/2019 (inclúense posibles prórrogas), para que se vaian incorporando aos salarios dos novos pregos licitados a partir de dita data. Con efectos de 1-9-2021 aplicarase con carácter xeral e obrigatorio a incorporación de todos/as os/as traballadores/as a ditos salarios.
VALORACIÓN DA CIG-ENSINO:
Para a CIG-Ensino, ao igual que dixemos nas táboas xerais, a proposta das de xestión indirecta para os traballadores/as dos centros con contratos ou subvencións en vigor anteriores ao 1/01/2019 (incluídas posibles prórrogas) é inasumible e inadmisible polos mesmos motivos anteditos. A proposta para os pregos novos asinados dende o 1/01/2019 si sería aceptable con algúns matices e melloras, sobre todo no referente aos mestres, pois non recuperan o IPC tal e como demandamos. Agora habería tamén que mellorar outros artigos do convenio, ademais das adaptacións legais. Só nos valerían as táboas salariais en solitario, sempre que compensen outros dereitos non atendidos e así o ratifiquen os traballadores/as que representamos.
Dende a CIG-Ensino entendemos que estas propostas podémolas acadar sempre que os demais sindicatos manteñan a firmeza e atendan as reivindicacións dos traballadores/as defendendo os seus intereses e dereitos, abandonando o entreguismo ao que nos teñen acostumados. Polo expresado polas mesmas unha vez escoitada esta proposta, vén cerca un posible acordo( neste caso o grupo CCOO-UGT-FSIE) cuns mínimos cambios que mandarán por correo en contestación o mércores 11, para no caso de ser aceptadas polas patronais, poder asinar un preacordo na próxima mesa de negociación o 25 de abril en ACADE ás 10:30h.