As contas claras das OPE de Educación

A oferta deste ano acumúlase á xa publicada no ano 2021

No DOG do 27 de xaneiro publícase a OPE do ano 2022 que dará lugar á convocatoria de concurso oposición entre os meses de xuño e xullo de 2022, tal e como pasou pola Mesa Sectorial.

As prazas que finalmente se convocarán para o ingreso na función pública docente coa distribución por especialidades prevista no borrador da convocatoria presentado pola Consellaría son, en cifras globais por corpos, as seguintes:

Sobre o total das prazas do corpo de PES así como as prazas do novo corpo de Profesorado Especialista de Sectores Singulares da FP (corpo que se creará unha vez se publique no BOE a nova Lei Orgánica de FP que está previsto se vote no Senado no mes de febreiro) hai que ter en conta o seguinte (de aí os * da táboa):

Das 1.269 prazas ofertadas para o corpo de PES haberá un total de 98 que non se convoquen nas oposicións ordinarias deste ano 2022. Son prazas correspondentes a especialidades actualmente do corpo a extinguir de PTFP que, unha vez que se regule a integración no corpo de PES, terán que ofertarse neste corpo, o que está previsto que se faga na convocatoria de oposicións de 2023. A Consellaría anunciou na Mesa Sectorial que as especialidades que se convocarán para esas 98 prazas son:

  • Equipos electrónicos
  • Instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos
  • Instalacións electrotécnicas
  • Máquinas servizos e produción
  • Operacións e equipos de elaboracións de produtos alimentarios
  • Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
  • Procedementos sanitarios e asistenciais
  • Procesos comerciais
  • Procesos de Xestión Administrativa
  • Sistemas e aplicacións informáticas.

Hai tamén 27 prazas que aparecen na OPE publicada no DOG do 27 de xaneiro que se convocarán no 2023 e xa no novo corpo de Profesorado Especialista. A Consellaría informou na Mesa Sectorial que esas prazas serán para as especialidades de:

  • Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • Mantemento de vehículos
  • Mecanizado e mantemento de máquinas
  • Peiteado

O feito de que se anuncie a convocatoria nestas especialidades para próximas oposicións non quere dicir que non se poidan convocar tamén doutras especialidades.

Polo tanto, se descontamos esas prazas que non se convocarán neste 2022 (125 prazas en total) a oferta no corpo de PES redúcese a 1.171 prazas, e sen que haxa oposición no corpo a extinguir de PTFP, tal e como figura na información da Mesa Sectorial, cun total de prazas para todos os corpos de 2.174 prazas.

CIG
A CIG-Ensino, como xa informamos, propuxo na Mesa Sectorial que a oferta de prazas da OPE do 2022 puidese negociarse, vinculando a convocatoria neste ano ou no seguinte de todas ou unha parte delas, ás cifras que a Consellaría propoña para o concurso excepcional e o concurso oposición extraordinario que se deberán convocar neste mesmo ano 2022, denunciando a decisión da administración de retrasar esa información até finais de febreiro ou comezos de marzo. Como xa é sabido, a Consellaría negouse a mudar as prazas e o reparto por especialidades.
CIG-Informa As contas claras das OPE de Educación

Documento


Volver