Ante a circular das Delegacións propoñamos a xornada continua reducida de xuño e setembro

Calendario escolar

Os delegados provinciais de educación veñen de remitir aos centros escolares que até o de agora viñan gozando de xornada matinal durante os meses de xuño e setembro unha circular na que dan de prazo até o 1 de xuño para que os centros poidan solicitar, previo acordo do Consello Escolar, a modificación da xornada nestes meses.

Ante a circular da Delegación propoñamos a xornaeda continua reducida en xuño e setembro

Os delegados provinciais de educación veñen de remitir aos centros escolares que até o de agora viñan gozando de xornada matinal durante os meses de xuño e setembro unha circular na que dan de prazo até o 1 de xuño para que os  centros poidan solicitar, previo acordo do Consello Escolar, a modificación da xornada nestes meses.

Pretendese con esta circular, que conta co beneplácito dos outros sindicatos, desactivar a mobilización do profesorado contra a imposición desta xornada, de aí o reducido prazo que dan para modificar a xornada.

Esta circular que liquida a xornada reducida e non garante, nin sequera, a continua vén de amosar a prepotencia da Consellaría de Educación, impondo unha xornada que foi rexeitada polo profesorado na folga do día 3 de maio e que agora o esta sendo mediante a consulta que estamos facendo en todos os centros.

Mais non podemos quedar impasíbeis ante esta imposición, e, máis cedo que tarde, a Consellaría verase abrigada a restabelecer a xornada continuada reducida; por iso a CIG-Ensino propón ao profesorado e aos equipos directivos que amosen o seu rexeitamento procedendo da seguinte maneira:

1º .- Que se convoquen claustros en todos os centros para que se saquen resolucións no seguintes termos:

“O claustro de profesores do centro................. aprobou o seguinte horario lectivo de............. A.............. para  os meses de setembro  e  xuño  do  curso  2007/2008”   ( trataríase de  propor o horario reducido que viña funcionando até agora nos meses de xuño e setembro)

 2º.- Debemos intentar conseguir que o Consello Escolar saque un pronunciamento nos mesmos termos que o do claustro de profesores e polo tanto debe facer unha proposta de xornada reducida. De non ser posíbel, habería que facer propostas de horario que se vexan máis acaídas.

3º.- Conxuntamente coa proposta de horario, enviarase un escrito ao delegado nos seguintes termos:
 
“ O consello escolar do centro ........................ (onde non sexa posíbel facelo neste órgano, facelo no Claustro) achégalle a seguinte proposta de horario para os meses de xuño e setembro, aínda que amosa a súa total desconformidade con este procedemento e reclamamos o restabelecemento xeneralizado do tipo de xornada continua e reducida”.

Se conseguimos que os centros envíen como proposta do Consello Escolar unha proposta de xornada reducida de catro horas, estariamos traballando no camiño correcto para impedir que se impoña outro tipo de xornada. Ánimo, que esta loita entre todos temos que gañala!

PARTICIPA NAS CONCENTRACIÓNS QUE TEMOS  CONVOCADAS  PARA O DÍA 29 ÁS 19 H. EN SANTIAGO, A CORUÑA, FERROL, LUGO. BURELA, OURENSE, PONTEVEDRA E VIGO (podes ver as datas e lugares nesta ligazón )

NON TE ESQUEZAS DE ASINAR, SE AÍNDA NON O FIXECHES, NA CONSULTA QUE ESTAMOS FACENDO EN DEFENSA DA XORNADA CONTINUA E REDUCIDA NOS MESES DE XUÑO E SETEMBRO.

Volver