Ampliación da orde para solicitar comisión de servizo por conciliación da vida laboral e familiar

Comisións de servizo

Publicada a Orde no DOG de 7 de xuño.

Ampliación da  orde para solicitar comisión de servizo por conciliación da vida laboral e familiar

 

Na Mesa Sectorial do día 31 de maio presentouse unha modificación da Orde que permite solicitar comisións de servizo para a conciliación da vida laboral e familiar.

Esta modificación faise despois de petición expresa da CIG-ENSINO e permite que podan pedir este tipo de comisións o profesorado provisional e en expectativa de destino así como tamén as persoas funcionarias que están en excedencia por coidado de fillos. A CIG-ENSINO demandou que se extendese tamén ao profesorado interino, petición que non foi aceptada.

Inclúese tamén a posibilidade de solicitar esta comisión cando exista a previsión de ter un fillo antes do remate do ano en curso, é dicer, con embarazo a término antes do 31 de decembro.

 

Desde aquí poderás consultar o DOG de 7 de xuño onde aparece publicada a Orde.

 

Para efectivizar estas modificacións unha vez publicadas no DOG abrirase un novo prazo de solicitude de 15 días naturais desde a publicación para o profesorado destes novos colectivos que se poden acoller agora e antes non podían.

Volver