ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO XERAL DE TRASLADOS SECUNDARIA (DOG 27-3-08)
Concurso Traslados Secundaria
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS DE SECUNDARIA
Resolución do 13 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos distintos corpos de secundaria:
Consulta esta adxudicación clicando aquí
RECLAMACIÓNS:
Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sétima, da Orde do 31 de outubro de 2007,cabe reclamación no prazo de dez días, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
RENUNCIAS:
O prazo de renuncias será do 7 ao 11 de abril de 2008, ámbolos dous incluídos. As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva. O destino adxudicado na resolución definitiva é irrenunciable.
IMPORTANTE:
Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS E RENUNCIAS:
Poderanse presentar en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no centro de destino sempre que, ademais, se remitan por fax, dentro do prazo establecido, ao servizo de profesorado de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais; número de fax 981 54 54 84.