
Actualización das listas de persoal interino e substituto
Corpo de PES, PT de formación profesional, profesores de EOIs e profesores de música e artes escénicas
Resolucións do 12 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas
Como reclamar
- As persoas participantes nas oposicións con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o 13 de novembro, estas reclamacións serán por rexistro, telemático ou presencial.
- Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.