Aclaracións da Consellaría sobre a lexislación a aplicar nas oposicións

Resposta da administración ás consultas realizadas pola CIG Ensino en mesa sectorial

Que indicacións se van dar sobre as programacións didácticas?

A CIG Ensino solicitou resposta a esta pregunta en mesa sectorial.  Na súa resposta quedaba claro, e así o publicamos nas nosas redes e páxina, que as programacións das oposicións serán ordinarias e non relacionadas coa situación extraordinaria da COVID-19.

Con todo seguimos solicitando da Consellaría unha resposta clara, tanto á situación creada nos centros, e polo tanto nas programacións, pola COVID como pola entrada e vigor da LOMLOE.

No día de hoxe o subdirector xeral de recursos humanos danos resposta por escrito a estas cuestións.

Podedes ler a resposta integra na seguinte ligazón

Volver