Aclaracións ao Concurso Xeral de Traslados
CELGAS, Coordinacións, Titorías, Especial Dificultade... Respostas da Administración
- concurso de traslados
- Concurso traslados
- concursos
- Concursos e mobilidade
- Consurso Xeral de Traslados
- Dúbidas
Todas estas respostas son dadas pola administración e segundo esta varía nós informamos dos cambios, polo que recomendamos visitar asiduamente esta páxina.
Títulos Universitarios
As segundas licenciaturas (das que a administración enviou un correo electrónico, que despois deixou sen efecto, por petición da CIG Ensino -ligazón-) van puntuar sexa cal sexa a porcentaxe validada, sempre que sexa unha titulación distinta, non especialidade, e da que se cursara como mínimo unha materia.
Para as titulacións sen primeiro ciclo ou ás que se accedese mediante curso ponte desde unha diplomatura, só puntuará o segundo ciclo.
Títulos CELGA e outros idiomas.
Os Cursos de Perfeccionamento do galego, os Celga 4, así como a validación de ambos, puntuarán 3 puntos (C1 a efectos de Concurso de Traslados).
Neste tema a administración variou a súa postura, comezou igualando Avanzado e Superior das EOIs co Celga 5, co que puntuaría como C2, para posteriormente realizar a seguinte táboa:
Intermedio EOI: B1
Avanzado EOI: B2
Superior EOI: C2
Certificado de Aptitude: C2
Instancia e Presentación
As comisións tentarán recolocar todos os títulos dentro do apartado correcto para a súa baremación.
Terase en conta a última instancia validada e presentada en prazo, polo que en caso de erro, bastará con corrixilo, validar de novo e presentala en rexistro, claro está en prazo.
Coordinacións
As coordinacións dos Cursos puntúan como asistente, sempre e cando sexan posteriores á orde de formación de marzo 2007.
Os pertencentes aos grupos de traballo, seminarios permanentes... tamén puntúan como asistentes.
Os cursos de innovación puntúan no apartado 6.2
A coordinación de ENL puntúa.
A coordinación de "actividades extraescolares e complementarias" puntúa.
Titorías
As titorías de FCT´s tanto para a FP como para os PCPI´s. puntúan no apartado 4.3.
Que documento teñen que presentar as profes de Preescolar na Casa para que lles computen as titorías? Certificado da Inspección. Ao final a administración di que non van puntuar as titorías en Preescolar na Casa.
Publicacións
Hai que presentar as publicacións orixinais. Serán recuperadas.
Non puntúa a autoedición ou a autopublicación.
Centros de Especial Dificultade e Centros de Difícil Desempeño
Os centros de especial dificultade puntúan dende o 1 de setembro de 2010.
A puntuación dos Centros de Especial Dificultade sumarase e manterase mentres se concurse desde o citado centro.
Non puntúa
Non puntúa a actuación como responsábel en centros de menos de tres unidades (unitarias).
Non puntúa a titoría de funcionarios de prácticas.
Non puntúa a titoría en Preescolar na Casa.
O curso de galego de 20 horas que se fai durante a fase de prácticas non puntúa no concurso de traslados. Si para sexenios.
As coordinacións de Abalar non van puntuar a non ser que as valide a propia administración como formación.
A coordinación de auxiliares de conversa.
Autopublicacións ou autoedicións.