Ábrese o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente e non docente en activo

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento publicadas na páxina web oficial da Consellaría e enviadas aos distintos centros de traballo

É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo xeral de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade. A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de solicitude de recoñecemento médico que está dispoñible na páxina web da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade nesta ligazón.

O acceso á plataforma informática

O acceso farase a través da conta corporativa de EDU, introducindo o correo corporativo no campo conta de usuario/a (sen cubrir @edu.xunta.gal), e o contrasinal no campo correspondente.

Aquelas persoas que non dispoñan da conta de correo corporativo necesaria para acceder á plataforma, teñen que poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC) no teléfono 881 99 77 01, aos efectos de solicitala e conseguila antes de que remate o prazo de inscrición para os recoñecementos médicos.

No caso de persoal docente e non docente que sexa interino/a ou substituto/a os prazos de inscrición son os establecidos no documento “Precisión dos prazos de inscrición”.

Recordar que unha vez feita a solicitude de inscrición con todos os datos que figuren no formulario, imprescindible para a súa tramitación, xérase un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Para máis información sobre a Campaña de vixilancia da saúde 2021/2022 poden consultar os seguintes documentos publicados na web da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade:

- Resolución do 3 de setembro de 2021

- Instrucións inscricións recoñecementos médicos 2021/2022

- Precisión dos prazos de inscrición

- Preguntas frecuentes

Volver