Aberto o prazo para a adquisición de novas especialidades (habilitacións) no corpo de mestres

Poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades durante os meses de xuño e setembro de cada ano

A solicitude formularase a través da páxina web de datos persoais: www.edu.xunta.es/datospersoais dentro da sección "As miñas instancias".

A solicitude, xunto coa documentación xustificativa correspondente, poderase presentar nos rexistros das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia, na secretaría do centro educativo onde presta servizos o concursante ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo persoal funcionario de Correos antes de ser certificada.

Recordade que a especialidade de educación primaria será recoñecida de oficio pola Administración educativa ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en posesión dunha das titulacións que para esta especialidade se determinan no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro.

Ligazón ao Real Decreto 1594/2011de Especialidades do Corpo de Mestres  PDF 

  • Corrección de erros do RD 1594/2011. PDF 

Volver