A Sra Conselleira de Educación e o Sr Delegado de Lugo mentiron e apostan por ir desmantelando o Ensino Público
Nota de prensa. Denuncia.
Ao remate do curso 2006-2007 a comunidade educativa do ensino público en Monforte de Lemos quedou indignada diante da decisión da Consellería de educación de permitir concertar dúas unidades de tres anos no Centro dos Escolapios desa localidade,de tal xeito que dos 112 alumnos/as de tres anos, 50 deles/as terían praza nun só centro, e os outros serían repartidos entre os demais centros (públicos, concertados e con convenio) que hai na localidade.
A Señora Conselleira de Educación e o Sr Delegado de Lugo mentiron e apostan por ir desmantelando o Ensino Público
Ao remate do curso 2006-2007 a comunidade educativa do ensino público en Monforte de Lemos quedou indignada diante da decisión da Consellería de educación de permitir concertar dúas unidades de tres anos no Centro dos Escolapios desa localidade, de tal xeito que dos 112 alumnos/as de tres anos, 50 deles/as terían praza nun só centro, e os outros serían repartidos entre os demais centros (públicos, concertados e con convenio) que hai na localidade.
A razón de tan inxusta decisión fora debida a que o anterior equipo de goberno da Consellería de Educación comandado polo Sr Currás,preocupárase moito de deixar presupostado o funcionamento desas dúas unidades.

Co novo cambio de goberno e nas visitas que a Sr Conselleira e o Sr Delegado de Educación da nosa provincia fixeron á localidade de Monforte,deixaron constancia de que para o vindeiro curso (2008-09) non estaría concertada a sexta unidade de E.I. no Centro dos Escolapios, polo que a comunidade educativa do ensino público,quedou coa idea de que a situación da escolarización se rexiría por colocar ó alumnado de infantil de tres anos nos centros que tivesen dispoñibilidade de prazas. Reseñar que o Ensino Público tería a posibilidade de ofertalas todas.
A primeira sorpresa foi que en principio estaba prevista a constitución da Comisión de Escolarización de Monforte para o cal,a Administración empezou a nomear ós seus membros. Curiosamente hai poucos días a administración educativa paraliza esa Comisión de Escolarización anunciando que non ía funcionar, xa que se tiña prevista a aprobación do concerto educativo para o Centro concertado dos Escolapios da segunda unidade de E.I.
Pouca ou ningunha confianza merecen aquelas persoas, neste caso unha conselleira e un delegado provincial, que son capaces de,nun breve espazo de tempo cambiar radicalmente de opinión e mentir e deste xeito a toda unha comunidade educativa. Este feito sería suficiente para que esas dúas persoas deixaran os postos que desempeñan.
Indicar tamén que dende hai uns anos,hai centros públicos que poderían medrar en nº de unidades, pero a admón. educativa, vixilante neste caso, impide o seu crecemento, namentres que, cando falamos de ensino concertado,ese medre ten vía libre aínda que sexa a costa de despilfarrar cartos públicos.

A CIG-Ensino esixe a inmediata supresión dese concerto educativo e estude novamente a adxudicación das prazas escolares dos/as alumnos/as de tres anos.
Lugo 13 de xuño de 2008.