A política da Consellaría de Educación discrimina ás familias máis desfavorecidas

Eliminación da gratuidade

A eliminación da gratuidade dos textos no ensino obrigatorio está a afectar especialmente ás familias máis desfavorecidas. A CIG-Ensino está a detectar en diferentes centros que, a estas alturas do curso, hai alumnado que aínda non ten libros de texto para utilizar nas aulas, feito que, ademais de dificultar a marcha normal das clases, discrimina a aqueles alumnos e alumnas procedentes de familias cun nivel de renda baixo.
A POLÍTICA DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN DISCRIMINA AS FAMILIAS MÁIS DESFAVORECIDAS
 
A eliminación da gratuidade dos textos no ensino obrigatorio está a afectar especialmente ás familias máis desfavorecidas.
 
A CIG-Ensino está a detectar en diferentes centros que, a estas alturas do curso, hai alumnado que aínda non ten libros de texto para utilizar nas aulas, feito que, ademais de dificultar a marcha normal das clases, discrimina a aqueles alumnos e alumnas procedentes de familias cun nivel de renda baixo.
 
Isto é debido a que as bolsas para libros da Consellaría de Educación aínda non chegaron a todos os/as que as solicitaron, o que provoca que aquelas familias que non teñen recursos dispoñíbeis no momento non poidan mercarlles os libros de texto aos fillos, cos prexuízos que iso causa para a normal marcha das clases e o sentimento de exclusión que pode chegar a sentir este alumnado. Ao final, o que pretendía ser, segundo o Partido Popular, unha medida de “corresponsabilidade”, acaba discriminando, como sempre, os máis desfavorecidos.
 
A actual política da Consellaría está a demostrar que o sistema de gratuidade de libros por empréstito é o máis correcto, desde todos os puntos de vista.

Volver