A patronal presenta a súa proposta “global” xunto coa de clasificación profesional e salarial, que para a CIG-Ensino é insuficiente ao non dar resposta ás reivindicacións da parte social

Información da 6ª e 7ª mesa negociadora do xv convenio no sector da discapacidade (27 xuño e 9 de xullo)

A CIG-Ensino lamenta que as demais OO.SS rompesena unidade sindical e a plataforma reivindicativa conxunta acadada en abril, coa dobre finalidade de mobilizar o sector e lograrmos un convenio digno e xusto

Logo de 3 meses deparalización das negociacións do XV Convenio Estatal de Atención ás Persoas con Discapacidade, pola patronal non facer os seus deberes e manterse nun inmobilismo total (ao que as OO.SS. respostamos con mobilizacións conxuntas o 10 de abril - por iniciativa da CIG-Ensino, pois xa as comenzáramos o 21 de marzo en solitario), as patronais AEDIS - FEACEM presentan unha proposta global e de Clasificación Profesional e Salarial, “na mesma mesa”, que pasamos a reproducir:

1º - Proposta Clasificación profesional. Propoñen aglutinar os distintos postos/categorías profesionais en só 6 grupos ou niveis retributivos. Todas as OO.SS. opinamos que parece axeitada e positivapola simplicidade á que se pasa na mesma. Desde CIG-Ensino, fomos criticos por non tela mandado por correo con anterioridade para estudala e avanzar, pois precisamente a mesa do 5 de abril desconvocouse por non tela mandado en tempo e forma. Tamén nos parece impresentable que os asinantes do XIV convenio a tivesen antes achegada pola Comisión Paritaria dos “asinantes”, a cal non é unha mesa de negociación.

2º - Proposta salarial. A parte de ser confusa e liosa, desde a CIG-Ensino valorámola de temeraria, insuficiente e discriminatoria, pois só se farían subas salariais en 2019 (que van do 4% ao 15% -algunha 23% -, dependendo da categoría profesional, polo acomodo do salario dentro do grupo no que se encadre cada categoría e coa premisa de que os salarios máis baixos sexan os que máis suban) cargándose a retroactividade das táboas de 2017 e 2018, que quedarían conxeladas nas de 2016, e as do 2020 e 2021 tampouco sufrirían modificacións, quedando conxeladas as de 2019. Ademais neste acomodo entraría a “pérdida do CDP” que se viñera percibindo até agora, por ser compensable e/ou absorbible. Ás demais OO.SS valeríalles sempre que se cumprisen as porcentaxes de suba do IV Acordo AENC (entre a patronal e CCOO - UGT, os famosos “pactos sociais”, que tanto empobreceron os salarios), é dicir, un mínimo do 2% por ano e até un 3% “segundo variables”. A CIG-Ensino reivindicou que debería recoller, tal e como acordáramos na “plataforma social conxunta” (da que pronto se esqueceron CCOO e UGT… Voltarán acaso a asinar un mal convenio??) a recuperación do IPC perdido desde a sinatura do XIV convenio (5,2%, ao que engadir 1,1% caso de conxelar 2017 e o que corresponda ao 2018) e logo garantir o IPC dos seguintes anos en vigor deste XV convenio, con cláusula de revisión salarial. A patronal propuxo introducir un texto, que mandará para a próxima reunión, recollendo esta última petición nosa.

O que valoramos positivamente foi a supresión do CDP, enterrando así as avaliacións. Nós aquí reivindicamos en mesa voltar aos trienios, pero as demais OO.SS aceptan nun principio o novo NIVEL DE DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL (NDP) proposto pola patronal, coa obriga de facer horas formativas (75h. por ano, laborables). O que entendemos inaceptable todas as OO.SS. é que voltemos a un novo período baleiro e sen cobrar entre o cambio de Complementos, tal cal pasara no cambio de Trienios ao CDP (tanto contratados antes coma despois do 01/01/2016). Tamén entendemos que este novo complemento non pode quedar limitado a só 2 niveis (na 1ª reunión propuxeran tres…??), quedando logo extinguido ou a expensas de ser negociado nun novo convenio (pois propoñen o N1 en 2019 e o N2 en 2022, xusto ao remate da vixencia do XV convenio, agás os contratados/as despois do 2016 que comezarían os NDPs en 2022). A CIG-Ensino non asinará nin unha soa involución neste dereito da antigüidade, esperemos que os demais sindicatos non o permitan tamén, pois xa co CDP do XIV convenio vos venderon, e de que maneira!!

O novo complemento de Coordinaciónpareceunos correcto, consistente en 100€  ou 175€ mensuais, segundo o tempo destinado ó labor de coordinar sexa a xornada parcial ou total, respectivamente. Tamén propuxeron novas no de Dirección(pasa a 250€). Desde a CIG-Ensino reivindicamos outros como perigosidade, toxicidade e penosidade. Tamén o do 7% do salario cada 12 anos traballados na empresa.

RESUMO BORRADOR/PROPOSTA SALARIAL E CLASIFICACIÓN PROFESIONAL

   

Posto/Categoría Actual

Salario Actual

Salario Acomodo

Diferencia/ suba salar.

Porcentaxe suba  en  %

   

Xefe/a administracion

1.340

PENDENTE

 

 

 

Xefe/a de produción

1.333

CLASIFICAR

 

 

PERSOAL TITULADO

Tit. Master (1.674,84)

Persoal Titulado Grado Sup. ou postgrado

1.675

1.735

60

104%

Psicólogo

1.675

1.735

60

104%

Grupo Tit. Grado (1.370)

Titulado/a Grao Medio ou grao

1.234

1.330

96

108%

Traballador social

1.234

1.330

96

108%

Terapeuta Ocupacional

1.234

1.330

96

108%

Logopeda

1.234

1.330

96

108%

Fisioterapeuta

1.234

1.330

96

108%

Educador social

1.234

1.330

96

108%

Diplomado/a Universitario/a en enfermería

1.234

1.330

96

108%

Psicomotricista

1.234

1.330

96

108%

PERSOAL TÉCNICO

Técnico cualificado (1.157)

Encargado de Taller (3)

1.145

1.225

80

107%

Monitor/a-educador (3)

1.157

1.225

68

106%

Preparador/a laboral (3)

1.157

1.225

68

106%

Técnico de xestión administrativa (3)

1.199

1.225

26

102%

Interprete de lingua de signos (3)

1.157

1.225

68

106%

Técnico de integracion social (3)

1.157

1.225

68

106%

Profesor/a de taller (3)

1.157

1.225

68

106%

Técnico especialista (3)

1.073

1.225

152

114%

Gobernante/a

994

1.225

231

123%

Xefe cociña

994

1.225

231

123%

Adxunto/a de producion

1.249

1.225

-24

Complemento  Coordinacion

xefe/a 1ª administracion

1.256

1.225

-31

Técnico Especialista         (950)

Cociñeiro (2)

853

990

137

116%

Condutor (2)

853

990

137

116%

Oficial/a 1º administracion (2)

900

990

90

110%

Oficial/a 2º administracion (2)

861

990

129

115%

Oficial/a 1º oficios (2)

906

990

84

109%

Oficial/a 2º oficios (2)

853

990

137

116%

Coidador/a (2)

911

990

79

109%

Auxiliar de enfermeria (2)

911

990

79

109%

Asistente/a persoal (2)

911

990

79

109%

Oficial especialista (2)

906

990

84

109%

Técnico (875)

Auxiliar de xestión administrativa (2)

805

880

75

109%

Axudante de cociña (1)

745

880

135

118%

Auxiliar de servizos xerais (1)

809

880

71

109%

Persoal de servizos domésticos (1)

723

880

157

122%

Auxiliar especialista (1)

744

880

136

118%

OP

 

 Operarios

Operario

736

850

114

115%

Operario ED

736

773

37

105%

 

NOVAS

NOVO

 

2019

2022

 

 

CATEGORÍAS

SB

n1

SB +N1

n2

SB +NI +N2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

7,50%

 

5,50%

 

 

titulo master

1.735,00 €

130,13 €

1.865,13 €

95,43 €

1.960,55 €

 

 

 

 

 

 

 

 

titulo de grao

1.330,00 €

99,75 €

1.429,75 €

73,15 €

1.502,90 €

 

 

 

 

 

 

 

 

tecnico superior

1.225,00 €

91,88 €

1.316,88 €

67,38 €

1.384,25 €

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tecnico

990,00 €

74,25 €

1.064,25 €

54,45 €

1.118,70 €

 

 

 

 

 

0,00 €

 

 

Tecnico auxiliar

880,00 €

66,00 €

946,00 €

48,40 €

994,40 €

 

 

 

 

 

 

 

 

OPERARIO     ???

850,00 €

63,75 €

913,75 €

46,75 €

960,50 €

 

operario ED   ???

773,00 €

57,98 €

830,98 €

42,52 €

873,49 €

 

todo o persoal contratado ata 31/12/2015  acomoda ao novo SB + N1 E COMPENSASE O CDP que tivera.

todo o persoal con contrato a partir 1/01/2016 acomoda a SB SOLO E  REABSORVESELLE O CDP que tivera,comeza N1 en 2022

duracion das táboas 2019-2021

       

Desde a CIG-Ensino reivindicamos que estas propostas se apliquen tamén aos centros educativos no persoal sen pago delegado(pois o outro xa está amarrado cos PXE, Presupostos Xerais do Estado). Aqui respostaron as patronais destes centros que eles “non o poden asumir ao ser prisioneiros dos orzamentos e non poder cobrar por outros conceptos”. Valeríalles recollendo que deberían ser asumidos pola administración nas partidas “outros gastos” para aceptar as subas salariais (ao que respostamos que “iso non o íamos asumir a parte social”) e propuxeron a presentación dun escrito conxunto, de patronais e sindicatos para solicitar á Ministra de Educación un incremento dos módulos de concerto aos centros educativos de E.E. e “que unha parte deste incremento sexa destinado a sufragar estes incrementos salariais”. As demais OO.SS. manifestáronse partidarias de asinalo con matices. Nós formulamos que os escritos sexan por separado, pois a parte social debe priorizar calquera suba nos módulos dos concertos “a garantir os salarios dos traballadores/as”, ademais de que ”todos deberían pasar a pago delegado”. Finalmente deixouse pendente para setembro o escrito e mandarán nova proposta.

3º - Proposta resto do articulado do convenio. A patronal neste punto segue a manterse inmovilista, pois propuxo como proposta global ligado ao anterior:

  • Facer as adaptacións legais a todo o articulado, segundo a normativa vixente. Retirarían a proposta involucionista dos contratos de formación e aprendizaxe.
  • Revisar os permisos retribuídos con “alguna mellora”… ( o caramelo ¿?).
  • Manter os saltos entre salarios actual no caso de que o SMI medre por enriba dos salarios acordados no convenio. Aquí propuxemos todas as OO.SS non vincular salarios ao SMI, ou que non se deben de compensar e/ou absorber os complementos deste Convenio no SMI, ao incrementarse este.
  • Resto de articulado deixalo tal cal está.

A resposta da parte socialneste punto foi moito máis dispar, ao confirmarse as claras ganas de romper a “unidade sindical” e moito máis por parte de CCOO (maioritaria nesta mesa), amosando dinámicas e reproducindo situacións de negociacións previas na Paritaria e fóra de mesa, que parecían esquecidas e cun total entreguismo e sumisión ás patronais maioritarias. Un exemplo moi claro foi o tema da Xornada, pois desde a CIG-Ensino, fomos os únicos que nos mantivemos, como recollía a plataforma social, na defensa dunha redución da xornada a 37,5h. por semana (e facer unha adaptación real á xornada anual que lle corresponda) tanto nos centros de atención especializada, centros especiais de emprego e persoal de administración e servizos dos centros educativos; o resto de persoal dos centros educativos igual que no ensino concertado. Ademais reivindicamos a retirada da bolsa de horas do 10% da xornada que tan lesiva foi nestes anos do XIV convenio. As demais OO.SS limitáronse a solicitar a retirada da bolsa de horas e adaptar a xornada semanal á anual pois esta está sobredimensionada. Na 7ª mesa incluso lles valía con deixar en 1700h. a xornada máxima anual no convenio para os traballadores/as que estaban por enriba das mesmas, e sen máis. A patronal propuxo deixar logo a xornada tal cal estaba, deixando caer que en caso de recortala nos termos solicitados (refírense ás 1700 e a bolsa de horas) sería sacando a referencia da xornada semanal do convenio e así ter a flexibilidade que tanto levan solicitando. Deixouse pendente para setembro. Para a CIG_Ensino esta proposta é inasumible.

No tema de permisos retribuídosas demais OO.SS limitáronse a pedir un novo para visitas médicas “cunha bolsa de 16h. laborais anuais”. Desde a CIG-Ensino entendíamos que non debía estar limitado e a maiores debía recollerse outro para xestións administrativas (DNI, catástrofes, titorías,…). Ademais hai que recuperar os 6 días de asuntos propios, así como recoñecer os días do resto de permisos como laborables        (sentenza supremo). En canto á I.T. (incapacidade temporal)tamén reivindicaron unhas mínimas melloras sobre o que hai no convenio actualmente, pero sen reivindicar, como a CIG, a reversión ao mes co complemento do 100% en calquera baixa como viña no XIII convenio, así como o recoñecemento dun cadro de enfermedades profesionais.

As demais OO.SS. falaron doutros temas como a concreción do calendario laboral e o crédito de horas para os delegados de prevención. Logo tratouse tamen das horas extras, nocturnas e festivassen concretar nada pois a patronal pechouse en banda de non tocar nada máis do convenio. Desde a CIG-Ensino reivindicamos outros temas da nosa plataforma como o complemento do 7% do salario por cada 12 anos na empresa, redución de xornada para maiores de 55 anos, melloras nas excedencias, vacacións,...que tiveron a mesma sorte que as anteriores reivindicacións.

Deste xeito, pendentes de “negociar” as propostas anteriores de salarios e clasificación profesional, así como a xornada laboral, chegaron, “os demais”, aos seguintes acordos:

   1 - Bolsa anual de 16h de permisos retribuidos para visitas médicas (propias e de familiares) e asistencia a titorías de fillos/as.

   2- IT ao 100% para enfermidades graves recollidas nos Reais Decretos 1148/2011 e 2210/1995. Complemento do 100% para a primeira baixa do ano por enfermidade comúne para o  resto segundo o convenio actual.                    

   3 - Obriga de fixar o calendario laboral antes do 15 de xaneiro de cada ano.      

   4- O crédito horario dos delegados/as de prevención será independente do asignado ao da  Representación Legal dos Traballadores/as.

Acordouse marcar a seguinte mesa de negociación para o 17 de setembro, na que a CIG-Ensino manterase firme na defensa dos dereitos das traballadoras, sen concesións

CIG Informa sobre as 6ª e 7ª reunións do convenio colectivo dos centros de discapacidade

Documento


Volver