
A patronal maioritaria AEDIS presenta cun ultimátum a súa proposta definitiva sen ningunha mellora significativa
Información da 8ª, 9ª e 10ª mesas negociadoras do XV convenio no sector da discapacidade. (8 e 30 de outubro, 19 de novembro)
A CIG-Ensino lamenta que as demais OO.SS cedesen unha vez máis, plegándose á patronal cun preacordo asinado o 19 de novembro, que evitará seguirmos na negociación e que logremos o convenio digno e xusto que o colectivo se merece.
O 21 de marzo deste ano, a CIG-Ensino e os seus delegados/as comezamos coas mobilizacións en Galicia para loitar por un convenio xusto e digno, presionando ás patronais para que abandonasen o inmobilismo e o involucionismo logo de 5 mesas de negociación estériles e sen un mínimo avance. Ademais, pretendiamos que as OO.SS estatais se unisen a estas mobilizacións como única saída posible para cambiar as dinámicas negativas de perda de dereitos. Lográmolo por partida dobre, pois o 10 de abril saímos á rúa xunto con CCOO e UGT en Galiza e tamén houbo mobilizacións no resto do Estado español que acabaron dando resultados positivos ao conseguirmos que a patronal fixese propostas en positivo, avanzando minimamente na recuperación de dereitos, logo dos moitos perdidos no XIV convenio. Ademais lograbamos crear unha plataforma conxunta con CCOO e UGT, na que recollíamos estes obxectivos:
- Táboas salariais dignas, con recuperación do 5,2% de perda de poder adquisitivo neste XIV convenio e cláusula de revisión salarial nas futuras táboas garantindo o IPC. Ademais, maiores subas para os salarios máis precarios (os de menos de 1.000€). Aplicaríanse a todos/as, agás aos/ás traballadores/as en pago delegado.
- Redución das xornadas. Hai que camiñar cara as 37,5h/semanais e axustar as anuais que están moi por riba do que corresponde. Nos centros educativos aplicar as do convenio da concertada.
- En licenzas e permisos. Recuperar os 6 días de asuntos propios e un novo permiso con dereito a visitas médicas xustificadas por un mesmo e por acompañamento a fillos/as menores e/ou maiores a cargo que non poidan valerse por eles. Pasar os días naturais a laborais no resto de permisos tal e como ditan as sentenzas do supremo
- Nas IT, baixas médicas por enfermidade común ou accidente non laboral, recuperar durante o 1º mes, ao igual que no XIII convenio, o 100% do salario.
- Eliminar o CDP e voltar aos trienios, ou sacar a avaliación como mínimo.
- Recuperar melloras sociais do XIII convenio como o 7% de salario despois de 12 anos na empresa, ter dereito ás revisións médicas anuais, renovación anual de roupa de traballo ou pago dunha cantidade… e outras que se deben reivindicar como cadro de enfermidades profesionais, redución xornada maiores de 55 anos, melloras nas condicións das excedencias, pluses de perigosidade, penosidade e toxicidade, horas extras, turnicidade, nocturnidade, flexibilización da xornada…
Xa ante a primeira proposta da patronal, que non acadaba nin un só dos obxectivos marcados na plataforma e que era totalmente insuficiente, fixo que desde o primeiro momento tanto CCOO como UGT se esquecesen da plataforma conxunta e se aliasen de novo coa patronal máis representativa, entrándolle no xogo da negociación a mínimos e pregándose ás súas propostas de clasificación profesional e salarial (como a de eliminar o CDP e a avaliación) xunto cuns pequenos ‘caramelos’ en permisos, IT e xornada, así como adaptar todo o convenio restante á normativa actual, sen máis. Desde a CIG-Ensino entendemos que de manter a firmeza nas reivindicacións e a unidade sindical poderíamos lograr melloras moito máis significativas e dignificar o convenio.
Este preacordo, con trampa, asinado o luns 19 de novembro, consiste no seguinte:
CLASIFICACIÓN XV CONVENIO |
CLASIFICACIÓN XIV CONVENIO |
Salario Actual |
NOVO SALARIO |
Suba salarial |
Porcentaxe suba en % |
||
GRUPO PERSOAL TITULADO |
Grao + Master |
Persoal Titulado Grado Sup. ou postgrado |
1.675 |
1.770 |
95 |
6% |
|
Psicólogo |
1.675 |
1.770 |
95 |
6% |
|||
Grao |
Titulado/a Grao Medio ou grao |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
||
Traballador social |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Terapeuta Ocupacional |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Logopeda |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Fisioterapeuta |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Educador social |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Diplomado/a Universitario/a en enfermería |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Psicomotricista |
1.234 |
1.330 |
96 |
8% |
|||
Técnico Superior |
Xefe/a administración ( *) |
1.340 |
1225 + 182,56 |
67 |
5% |
||
Xefe/a produción ( *) |
1.333 |
1225 + 175,27 |
67 |
5% |
|||
PERSOAL TÉCNICO |
Encargado de Taller |
1.145 |
1.225 |
80 |
7% |
||
Monitor/a-educador |
1.157 |
1.225 |
68 |
6% |
|||
Preparador/a laboral |
1.157 |
1.225 |
68 |
6% |
|||
Técnico de xestión administrativa |
1.199 |
1225 + 41,18 |
67 |
6% |
|||
Interprete de lingua de signos |
1.157 |
1.225 |
68 |
6% |
|||
Técnico de integracion social |
1.157 |
1.225 |
68 |
6% |
|||
Profesor/a de taller |
1.157 |
1.225 |
68 |
6% |
|||
Técnico especialista |
1.073 |
1.225 |
152 |
14% |
|||
Gobernante/a |
994 |
1.225 |
231 |
23% |
|||
Xefe cociña |
994 |
1.225 |
231 |
23% |
|||
Adxunto/a de producion (*) |
1.249 |
1225 + 91,97 |
67 |
5% |
|||
xefe/a 1ª administracion (*) |
1.256 |
1225 + 98,66 |
67 |
5% |
|||
Técnico Especialista |
Cociñeiro |
853 |
990 |
137 |
16% |
||
Condutor |
853 |
990 |
137 |
16% |
|||
Oficial/a 1º administracion |
900 |
990 |
90 |
10% |
|||
Oficial/a 2º administracion |
861 |
990 |
129 |
15% |
|||
Oficial/a 1º oficios |
906 |
990 |
84 |
9% |
|||
Oficial/a 2º oficios |
853 |
990 |
137 |
16% |
|||
Coidador/a |
911 |
990 |
79 |
9% |
|||
Auxiliar de enfermeria/Auxiliar Téc. Educat. |
911 |
990 |
79 |
9% |
|||
Asistente/a persoal |
911 |
990 |
79 |
9% |
|||
Oficial especialista |
906 |
990 |
84 |
9% |
|||
Técnico Auxiliar |
Auxiliar de xestión administrativa |
805 |
880 |
75 |
9% |
||
Axudante de cociña |
745 |
880 |
135 |
18% |
|||
Auxiliar de servizos xerais |
809 |
880 |
71 |
9% |
|||
Persoal de servizos domésticos |
723 |
880 |
157 |
22% |
|||
Auxiliar especialista |
744 |
880 |
136 |
18% |
|||
|
Operario |
736 |
880 |
144 |
19% |
||
P.O. |
Operario |
Operario con apoio |
736 |
773 |
37 |
5% |
|
SUBA MEDIA = |
10% |
Esta “boa” proposta de suba en 2019 supón a conxelación dos anos 2017 e 2018 e manterase conxelada en 2020 e 2021, é dicir, supón unha suba media do 2% anual, que non garante o IPC nin ten cláusula de revisión salarial. Ademais, consolídase o 5,2% de perda de poder adquisitivo acumulada no XIV convenio, coas conxelacións sufridas de 2012 a 2014 e as subas do 1% en 2016 e 2017. É discriminatoria.
SALARIOS PARA 2019 - 2020 E 2021
Pendente negociar % suba |
||||||
GRUPO |
COMPLEMENTOS |
NOVO SB |
N1 |
2019-20-21 |
N2 |
2022-23-24 |
|
|
|
7,50% |
SB +N1 |
5,50% |
SB +NI +N2 |
Grao + master |
440 € |
1.330,00 € |
99,75 € |
1.869,75 € |
73,15 € |
1.942,90 € |
|
|
|
|
|
|
|
Grao |
|
1.330,00 € |
99,75 € |
1.429,75 € |
73,15 € |
1.502,90 € |
|
|
|
|
|
|
|
Técnico Superior |
|
1.225,00 € |
91,88 € |
1.316,88 € |
67,38 € |
1.384,25 € |
|
|
|
|
|
|
|
Técnico |
|
990,00 € |
74,25 € |
1.064,25 € |
54,45 € |
1.118,70 € |
|
|
|
|
|
|
|
Técnico auxiliar |
|
880,00 € |
66,00 € |
946,00 € |
48,40 € |
994,40 € |
|
|
|
|
|
|
|
OPERARIO ED |
|
|
|
|
|
|
2019 |
|
720,00 € |
54,00 € |
774,00 € |
39,60 € |
813,60 € |
2020 |
|
753,00 € |
56,48 € |
809,48 € |
41,42 € |
850,89 € |
2021 |
|
753,00 € |
56,48 € |
809,48 € |
41,42 € |
850,89 € |
* Todo o persoal contratado antes do 1/07/2016 acomoda ao novo SB + N1 . Se o CDP que acumule é < ou = ao 5,6% reabsórbese todo no N1. O CDP que pase do 5,6% compénsase coa % que o sobrepase (se ten un 7,4% terá SB +N1+1,8%) |
* Todo o persoal con contrato a partir 1/07/2016 acomoda a SB só. REABSÓRBESELLE O CDP que tivese nesa suba. Fará o N1 en 2022. Só cobrará o SB en 2019 e o SB+N1 en 2022 (ademais da suba que se negocie nese momento) |
* Se SMI queda como está: 2019 - 773€ e 2020 en adiante - 850€, o Operario ED terán estes salarios. No 2020-21 terá complemento ata os 850€. |
GRUPO |
COMPLEMENTO |
NOVO |
|
2019-20-21 |
|
2022 |
|
SB |
N1 |
SB +N1 |
N2 |
SB +NI +N2 |
|
|
|
|
7,50% |
|
5,50% |
|
Técnico auxiliar |
|
|
|
|
|
|
2019 |
900,00 € |
67,50 € |
967,50 € |
49,50 € |
1.017,00 € |
|
2020 |
930,00 € |
69,75 € |
999,75 € |
51,15 € |
1.050,90 € |
|
2021 |
930,00 € |
69,75 € |
999,75 € |
51,15 € |
1.050,90 € |
|
OPERARIO ED |
|
|
|
|
|
|
2019 |
40€ |
800,00 € |
60,00 € |
860,00 € |
44,00 € |
904,00 € |
2020 |
40€ |
800,00 € |
60,00 € |
860,00 € |
44,00 € |
904,00 € |
2021 |
40€ |
800,00 € |
60,00 € |
860,00 € |
44,00 € |
904,00 € |
* Se SMI = 900€, o técnico auxiliar iría SB=900€ + 30€ de complemento. O operario ED iría a 800€ + 40€ de complemento
REVISIÓNS SALARIAIS FUTURAS A BAIXA - As revisións salariais faranse cada 3 anos, por acordo da mesa negociadora, en base ao IPC acumulado do período dos 3 anos anteriores, garantizándose un mínimo do 3,75% de suba no SB. De non chegar a acordo a mesa de negociación en 3 meses, aplicarase o 50% do IPC acumulado nos 3 anos, ao salario (SB) e o outro 50% aos Niveis Desenvolvemento profesional (N1-N2). Ou sexa non hai clausula de revisión salarial, para garantizar o IPC. A patronal con negarse e alongar as negociacións 3 meses, xa garante unha suba ridícula.
OS NOVOS NIVEIS DE DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL (N1 e N2) propostos obrigan a facer horas formativas (75h. nos 3 anos, laborábeis), e o que é peor e preocupante, cumpridos estes 2 niveis desaparecerá a antigüidade (trienios).
QUE FALSEDADES AGOCHAN ESTAS PROPOSTAS?
A PROPOSTA SALARIAL É DISCRIMINATORIA POLAS DIFERENZAS (%) DE SUBA, NON GARANTIZA O IPC FUTURO E PON LÍMITE Á ANTIGÜIDADE (2 trienios e fin).
A NOVA CLASIFICACIÓN PROFESIONAL ESCONDE UN MAIOR ÁMBITO FUNCIONAL
Hai unha regresión e involución moi graves, pois o recorte da xornada anual é insignificante, pasando nos centros de atención especializada de 1729h. a 1720h., e nos centros especiais de emprego de 1758h. a 1720h., pero o que é peor a xornada semanal pasa de ser “máximo de 38h. e 30min.” a desregularizarse dIcindo “referencia semanal de 38h. e 30min.”. Esta mesma xornada aplicaráselle tamén ao persoal de administración e servizos dos centros educativos.
Os docentes dos centros educativos pasarán na xornada anual de 1300h. a 1250h., manténdose a xornada máxima semanal en 32h tal e como estaba no XIV. O persoal complementario titulado e auxiliar pasará de 1600h. a 1550h. en 2019 e 2020; no 2021 pasará a 1525h. anuais. A xornada semanal pasará de “35h máximo” a “35h. de referencia”, é dicir, desregularizarase e quedará a gusto da patronal.
Na CIG-Ensino mantivémonos nas reivindicacións da plataforma, pois nin se acadou axustar o desfase anual de horas en relación ás semanais(as anuais deben ser máx.1700h)
As demais OO.SS limitáronse a pedir un novo permiso para visitas médicas e titorías escolares“cunha bolsa de 16h laborais anuais”. Desde a CIG-Ensino entendíamos que non debía estar limitado e a maiores debía recollerse outro para xestións administrativas (DNI, catástrofes, divorcios,…). Ademais había que recuperar os 6 días de asuntos propios.
Logo por dereito por sentenza do supremo todos os días pasan de naturais a laborais. Tamén se logra unha maior flexibilización no goce dos permisos.
Cobrarase o 100% do salario durante toda a baixa para enfermidades graves recollidas no Real Decreto 1148/2011(canceríxenas). Ademais cobrarase tamén o 100% na primeira baixa do ano por enfermidade común e para o resto segundo o convenio actual. Dende a CIG-Ensino entendíamos que debería recollerse o 100% durante o 1º mes de calquera baixa por enfermidade común, tal e como se tiña en dereito no XIII convenio.
Obriga de fixar o calendario laboral antes do 15 de xaneiro de cada ano.
O crédito horario dos delegados/as de prevención será independente do asignado ao da representación legal dos traballadores/as.
Facer as adaptacións legais a todo o articulado do XIV convenio e introducir acordos acadados na Comisión Paritaria (como poder acumular a lactancia en 20 días naturais).
As CONCLUSIÓNS deste preacordo só poden ser NEGATIVAS ante os obxectivos marcados e o preacordo asinado, pois non se acada nin un só dos obxectivos acordados e mesmo resulta regresivo e involucionista na xornada, antigüidade e salarios. Desde a CIG-Ensino logo da asamblea de delegados/as do sector decidiuse non asinalo. Reivindicamos outros temas a negociar da plataforma como o complemento do 7% do salario por cada 12 anos na empresa, redución de xornada para maiores de 55 anos, melloras nas excedencias, vacacións, horas extras, nocturnas e festivas, turnicidade, xornada irregular, bolsa de horas flexibles, enfermedades profesionais, voluntarismo, complementos penosidade,perigosidade e toxicidade…
COA CIG-ENSINO OS TEUS INTERESES E DEREITOS ESTÁN DEFENDIDOS!