A Mesa Sectorial para tratar a Oferta de emprego aprázase até o 2 de marzo

A orde do día inclúe tamén a convocatoria para a elección de direccións

A Consellaría de Educación vén de comunicarnos un cambio na data de convocatoria da Mesa Sectorial para tratar a oferta de emprego que se apraza até o xoves 2 de marzo ás 10 horas da mañá.

ORDE DO DÍA

1. Oferta de emprego

 2. Proxecto de orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de Mestres e  procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e Mestres da Comunidade Aútonoma de Galicia. Ligazón

3. Proxecto de orde, pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ligazón

4. Rogos e preguntas.

 


A Consellaría anuncia as especialidades nas que ten previsto convocar oferta de emprego sen previa negociación

Volver