A menstruación incapacitante como causa de Incapacidade Temporal (IT)

A reforma da lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo entra en vigor o 2 de xuño, e introduce como causa de incapacidade temporal a menstruación incapacitante

A partir do dous de xuño, recoñecerase expresamente que terá a consideración de situación especial de incapacidade temporal por continxencias comúns aquela baixa laboral na que poida atoparse unha muller en caso de menstruación incapacitante secundaria ou dismenorrea secundaria. 

Esta deberá estar asociada a patoloxías tales como endometriose, miomas, enfermidade inflamatoria pélvica, adenomiose, pólipos endometriais, ovarios poliquísticos, ou dificultade na saída de sangue menstrual de calquera tipo, con síntomas que a incapaciten para desenvolver a súa actividade laboral.

Trátase de dar unha regulación adecuada a esta situación patolóxica, coa fin de eliminar calquera tipo de discriminación no ámbito laboral derivada da mesma.

Será o persoal médico de atención primaria o que terá que valorar e xestionar esta baixa por incapacidade temporal, así como determinar a duración da mesma.


Lei Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e dea interrupción voluntaria del embarazo. Ligazón

Volver