A maior parte dos centros de Secundaria inician o curso cun recorte importante de profesorado que lles impede atender todas as necesidades educativas e obrígaos a renunciar a participar en determinado
Valoración do inicio de curso en secundaria
Este venres 17 de setembro iníciase un dos curso máis conflitivos en Secundaria, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Idiomas, por mor da actitude da Consellaría de Educación, unha actitude que se resume dicindo que o Ensino Público e a súa calidade non é unha prioridade para este goberno.
A maior parte dos centros de Secundaria inician o curso cun recorte importante de profesorado que lles impede atender todas as necesidades educativas e obrígaos a renunciar a participar en determinados programas educativos
Este venres 17 de setembro iníciase un dos curso máis conflitivos en Secundaria, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Idiomas, por mor da actitude da Consellaría de Educación, unha actitude que se resume dicindo que o Ensino Público e a súa calidade non é unha prioridade para este goberno.
Nalgúns conservatorios e Escolas de Idiomas non poderá iniciarse o curso mañá, non só porque non rematou o prazo de matrícula, circunstancia que a CIG xa denunciara durante a negociación do Calendario escolar, senón tamén porque non se conta co profesorado necesario e, nalgún conservatorio como o de Compostela, nin sequera hai as prazas suficientes para o alumando, debido a forte demanda existente que a consellaría non só non resolve, senón que nin sequera dota o centro con todo o profesorado necesario.
Fronte a isto, como xa denunciou a CIG-Ensino, 676 profesores e profesoras interinos quedaron sen praza, e case o 50% dos que teñen destino (612 interinos e funcionarios) vense na obriga de impartir materias afíns, ás veces até dúas (124) ou tres (43), ademais dos funcionarios de diferentes materias que, a día de hoxe, seguen sen recibir a chamada da Consellaría que lles asigne praza nun centro. De feito, a situación chega ao extremo, que diferentes direccións presentaron a súa dimisión por mor desta situación, pois a realidade é que son moi excepcionais os centros que contan con todo o profesorado que necesitan e non teñen que reclamalo. O denominador común neste momento é que as direccións dos centros están “pelexando” coa consellaría para que lle mande o profesorado necesario, do contrario hai centros que teñen até problemas para configurar os horarios.
A situación que se produce este curso escolar non ten precedentes: centros sen profesorado, rateos elevadas, e profesorado sen destino. A Consellaría deu lugar a esta situación cos continuos recortes que veu realizando. Así iniciase o curso coa supresión da Educación permanente de adultos en máis de 50 centros de Secundaria, a supresión de ciclos formativos en máis de 20 centros, a redución de unidades e a presión sobre os centros para que non soliciten todo o persoal que precisan. Mentres numeroso alumnado non ten praza no ciclo formativo desexado. A isto hai que engadirlle a situación de Primaria e Infantil: supresión de 19 centros escolares, supresión de 79 unidades e, por tanto, de 108 postos en Infantil e Primaria, non cobertura de substitucións, ou non cobertura de postos que corresponden por catálogo.
En consecuencia os centros non poden atender todas as necesidades educativas e se viron obrigados a renunciar a algúns proxectos en que viñan participando, a reducir oferta de optativas, a non e levar a cabo desdobres, a non poder ofertar grupos de formación profesional inicial, etc por non contar co profesorado necesario para levalos adiante.
Todo isto contrasta co dispendio de fondos públicos contra o noso idioma. A Consellaría de Educación tarda varios días en enviar os substitutos necesarios aos centros para aforrar días de contratación, mentres malgasta millóns de euros para substituír libros que non esgotaron o seu período de vixencia, simplemente por estar en galego. Os centros aínda non contan con todo o profesorado necesario, mais educación vai gastar máis dun millón de euros en promocionar o Decreto contra o galego. Manobras que coinciden coa persecución inquisitorial aos Equipos de Normalización por parte dun grupo minoritario e de extrema dereita que pretende atacar ao profesorado que cumpren co seu labor, aos que a CIG apoiará incondicionalmente e aos que xa nos diriximos para trasladarlles o noso apoio, recoñecemento e disposición a non permitir ningún tipo de persecución contra eles nin ningún outro profesor ou profesora.