A crise xera máis violencia contra as mulleres, tamén no ensino

A CIG-Ensino quere hoxe denunciar esta situación porque o desemprego e a precariedade laboral contribúe á discriminación da muller e deste xeito mantéñense as desigualdades sociais que alimentan a violencia de xénero.

Como vén denunciando a CIG en todo este tempo, a crise económica está a agravar aínda máis a desigualdade que existe entre mulleres e hoxe. As solucións que os distintos gobernos están a pór en marcha, reducindo salarios, facilitando o despedimento nas empresa e recortando prestacións sociais e laborais, afectan de xeito singular ás mulleres, contribuíndo así ao aumento da violencia de xénero. Porque aínda que a violencia contra as mulleres non está relacionada cunha clase social concreta, non é exclusiva de situacións de pobreza e de falta de recursos económicos, non é menos certo que en momentos de crise medra a tensión social e se agudiza a xerarquización de poder duns poucos sobre a maioría. Nesta entrada tamén tes enlaces onde poderás atopar máis información e recursos para traballar na aula.

Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a CIG, a través da Secretaría da Muller, pon en marcha a campaña “A crise xera máis violencia contra as mulleres”.

Como vén denunciando a CIG en todo este tempo, a crise económica está a agravar aínda máis a desigualdade que existe entre mulleres e hoxe. As solucións que os distintos gobernos están a pór en marcha, reducindo salarios, facilitando o despedimento nas empresa e recortando prestacións sociais e laborais, afectan de xeito singular ás mulleres, contribuíndo así ao aumento da violencia de xénero. Porque aínda que a violencia contra as mulleres non está relacionada cunha clase social concreta, non é exclusiva de situacións de pobreza e de falta de recursos económicos, non é menos certo que en momentos de crise medra a tensión social e se agudiza a xerarquización de poder duns poucos sobre a maioría.

O ámbito do ensino non é alleo a esta situación. Por iso no día instituído para centrármonos na reivindicación da violencia de xénero, a CIG-Ensino quere denunciar a situación das traballadoras das escolas “Galiña azul” e da Fundación preescolar na casa.

O ensino é un sector laboral en que as mulleres son maioría. Mais esta maioría é moi elevada no caso do das escolas “Galiña azul” e de Preescolar na casa, podendo dicir que a inmensa maioría son traballadoras. Directa e indirectamente todas elas dependen da Consellaría de Traballo e Benestar social, que inclúe entre as súas secretarías xerais a de Igualdade.

Pois ben, precisamente a Consellaría que debe velar polos dereitos das mulleres e procurar que non sexan discriminadas mantén a case mil traballadoras sen convenio colectivo e recorta as axudas á Fundación Preescolar na Casa, que se traducen no despedimento das tres cuartas partes das traballadoras.

A CIG-Ensino quere hoxe denunciar esta situación porque o desemprego e a precariedade laboral contribúe á discriminación da muller e deste xeito mantéñense as desigualdades sociais que alimentan a violencia de xénero.

Ademais, a CIG-Ensino, consciente de que a educación é o primeiro paso para erradicar este tipo de violencia, reclama unha maior dedicación da Consellaría de Educación á prevención e formación na eliminación da violencia de xénero. Tan importante ou máis que dominar as novas tecnoloxías ou ser quen de se desenvolver en linguas estranxeiras, é contar coa formación axeitada que nos permita detectar as situacións de violencia de xénero e actuar contra elas, sensibilizarnos con esta problemática, para actuar a tempo e procurar que o alumnado sexa quen de reaccionar ante esta situación.

Finalmente, a CIG-Ensino fai un chamamento ao profesorado para que esta data non pase desapercibida e se programen actividades que insten a reflexionar sobre unha das lacras máis execrables da sociedade actual. Como docentes debemos estar alerta perante os comportamentos sexistas no noso centro de ensino tanto a nivel piramidal coma entre iguais, empregar unha linguaxe non sexista, facer visíbel a muller nos contidos curriculares, non caer en esterotipos de xénero e de distribución de roles. En definitiva, non perpetuar unha visión androcéntrica do universo.


Nestes enlaces poderás atopar máis información e recursos para traballar na aula:

CIG-Informa sobre o 25 de novembro. Ano 2010:

http://www.cig-ensino.com/descargas/25_de_novembro.pdf

Presentación e descarga do libro "... e libre o meu pensamento, ferramentas para a docencia":

http://www.cig-ensino.com/novas/4-3-2010/a-cig-ensino-presenta-un-libro-que-pretende-fornecer-de-material-o-ensino-para-favore

Materiais e recursos para traballar na aula o 25 de novembro:

http://cig-ensino.org/recursos/?q=taxonomy/term/55

Máis materiais e recursos para traballar na aula contra a discriminación de xénero:

http://cig-ensino.org/recursos/?q=taxonomy/term/22+26+49+51+52+55+57+61

Volver