A Consellería de Educación, as patronais do ensino concertado e as outras organizacións sindicais asinan un acordo que empeora o asinado o día 3 de xaneiro

Ensino Concertado

A Conselleira de Educación e O. U., as patronais do ensino concertado e as outras organizacións sindicais asinan un acordo que a CIG-Ensino non subscribiu por considerar que supón un empeoramento para as condicións de traballo do persoal con respecto ao outro acordo QUE ESTABA ASINADO POR TODOS/AS o pasado día 3 de xaneiro e que ía ser ratificado o día 11 do mesmo mes.
A Consellería de Educación, as patronais do ensino concertado e as outras organizacións sindicais asinaron hoxe un acordo que empeora o asinado o día 3 de xaneiro
 
A Conselleira de Educación e O. U., as patronais do ensino concertado e as outras organizacións sindicais asinan un acordo que a CIG-Ensino non subscribiu por considerar que supón un empeoramento para as condicións de traballo do persoal con respecto ao outro acordo QUE ESTABA ASINADO POR TODOS/AS o pasado día 3 de xaneiro e que ía ser ratificado o día 11 do mesmo mes.
Expoñemos as razóns que nos levaron a non asinar este acordo:
  • Como as outras organizacións sindicais recoñeceron na reunión celebrada onte, este acordo supón facer importantes concesións pola parte que corresponde á defensa das condicións dos/as traballadores/as.
  • Podería ser entendible que se fixeran concesións dentro do ámbito dunha negociación normal que se atopase bloqueada. Mais non consideramos aceptable que esas concesións se fagan LOGO DE TER XA ASINADO UN ACORDO POR TODAS AS PARTES. Parécenos unha falla de rigor e seriedade e dificilmente xustificable diante do persoal ao que representamos.
  • Tamén resulta chamativo que as concesións teñan que caer sempre do mesmo lado, o que corresponde ás condicións do persoal. Pola contra, as patronais sempre saen beneficiadas, co beneplácito dos outros sindicatos.
  • O acordo asinado hoxe é discriminatorio entre o persoal pois a redución do horario lectivo a 24 horas non se aplicará nun principio ao persoal que imparta todo o seu horario na E.S.O., que non terá esta redución ata setembro de 2010, e deixa fóra ao persoal que, aínda tendo xornada completa, comparta horario entre a E.S.O. e o Bacheralato. No acordo que asinaramos o 3 de xaneiro esta redución aplicábase a todo o profesorado que tivera xornada completa en setembro deste ano.
  • Este acordo alonxa aínda máis o obxectivo de ir avanzando na redución horaria ata as 22 horas lectivas, tal e como se reclamaba nas propostas sindicais presentadas, tanto conxuntas, como individuais.
  • Tamén contradí este acordo o asinado polos outros sindicatos e patronais o 18 de xullo de 2007, nos que se comprometían a reducir a xornada a 24 horas lectivas para o curso 2007/2008 e 23 no curso 2008/2009.
  • No que respecta ao incremento salarial que se contempla no acordo (60 € no 2008, 45 € no 2009 e 45 € no 2010), está lonxe tamén do que foron sempre as demandas sindicais, que procuraban avanzar no camiño da homologación retributiva co profesorado do ensino público.
  • Aínda por riba, déixase totalmente pechada a posibilidade de renegociar durante máis de dous anos (setembro de 2010), cando no outro acordo que asinaramos o compromiso era negociar de novo en setembro deste mesmo ano.
  • Outra vez queda o PAS ao marxe de calquera tipo de mellora, ao negarse as patronais a vincular a partida de “outros gastos” cos salarios deste persoal.
En definitiva, pasamos dun acordo razoablemente bo que acadaba melloras nun ano para todo o persoal a outros a tres anos que fai discriminación. Algúns terán que render contas de por que non se aplicou o asinado antes e outros por que consentiron esa cambio de rumbo na negociación para empeorar.    
 
 
 

Volver