A Consellaría reafírmase nos recortes propostos polo goberno central

A CIG-Ensino pide a dimisión do Conselleiro por pregarse aos mandatos de Madrid e non defender os intereses do Ensino galego

Na reunión da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria celebrada hoxe en Santiago a CIG-Ensino esixiulle á Consellería de Educación que exerza as competencias que lle corresponde e en consecuencia que non aplique en Galiza o Real Decreto 14/2012. A CIG-Ensino intentou sacarlle ao conselleiro, Jesús Vázquez, o compromiso de non executar máis recortes e trasladoulle que por dignidade e responsabilidade non lle queda máis remedio que recorrer o Real Decreto por vulnerar as competencias en materia educativa da Xunta de Galiza.

Asemade o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou a complicidade co Goberno central coa que está actuando o conselleiro de Educación con total submisión aos mandatos do PP e non en defensa do ensino público. “Estamos ante un verdadeiro atentado ao ensino público que vai supor maiores recortes e que se ven sumar as medidas cos as que se golpeou ao ensino duramente durante estes anos”, dixo.

Anxo Louzao lembra que aplicar o decreto suporá o despedimento de máis de 2000 profesores/as, o incremento do fracaso escolar, o empeoramento da calidade no ensino e a expulsión do sistema escolar dos que teñen menos recursos

A Consellaría respondeu que o RD Lei é norma básica e que por tanto ten que ser aplicado e que a Consellaría vai aplicalo. Ademais a Consellaría non vai recorrer este RD. A CIG-Ensino cualificou de indigna e seguidista a postura da Consellaría que acata o que lle di Madrid e mesmo o aplaude. É inaceptábel que, ademais, a Consellaría mesmo vaia máis alá do que di o RD Lei ao establecer que as gardas non serán horario lectivo, pois isto é interpretación da Consellaría xa que non está recollido no RD.

A CIG-Ensino manifestou que non se fía da Consellaría de Educación, nin do Conselleiro, nin do Presidente, nin do partido que goberna, pois non hai máis que ir ao seu programa de goberno para ver que non cumpre os seus compromisos, polo que non sabemos se no mes de setembro nos atoparemos novas medidas de recorte.

A Consellaría de Educación trasladou na Mesa sectorial como van aplicar o RD Lei 14/2012 ten intención de:

Rateos: manter como ráteos máximas as actuais, 25 alumnos/as por aula en Infantil e Primaria, 30 en Secundaria, 35 en Bac.

Horarios: non incrementarán o horario lectivo do profesorado de Infantil e Primaria onde se manterán as 25 horas lectivas. En Secundaria vaise incrementar a 20 as horas lectivas e se manterán as 23 complementarias fixas eliminado a hora de titoría co alumando e convertendo a hora de titoría para pais en titoría para pais/nais e alumnado, e eliminado a hora de reunión de departamento, que formará parte do horario non fixo. O segundo punto deste apartado non é de aplicación en Galiza pois non existían compensacións do horario lectivo.

Substitución das baixas, interpretan que a o que recolle o RD Lei é similar ao que xa fai a Consellaría que soamente cobre as baixas que superan os quince días de duración. Seguirán cubrindo con carácter inmediato as baixas das escolas unitarias e van estudar como non cubrir os dez primeiros días lectivos de todas as baixas, sexan de curta ou longa duración.  

Implantación dos ciclos de Formación Profesional, aplican o que recolle o RD Lei, é dicir suspenden a implantación dos novos ciclos de FP. A Dirección Xeral de FP analizará se se realiza algunha excepción dentro do marco do que permite o RD.

Modalidades de Bacharelato: non o aplicarán, manterán as modalidades existentes. 

Volver