A Consellaría deu orde ás direccións dos centros para adicarse a buscar alumnos de 2º Bacharelato ou Ciclos que teñen rematado as aulas para que cubran o inquérito

A Consellería prioriza a campaña contra o galego

Como temos denunciado as presas da Consellaría para realizar a consulta sen tempo a informarse ou debater sobre o asunto incrementou esaxeradamente a carga de traballo que xa é excesiva polo remate do curso. A isto hai que engadir a orde que ven de dar a Consellaría aos equipos directivos para localizar aos alumnos de 2º de Bacharelato e Ciclos que teñen rematado xa as aulas. Compre ter en conta ademais que estes alumnos de 2º de bacharelato están centrados nas Probas de Acceso á Universidade que comezan mañá.
A Consellaría antepón a súa campaña contra o galego ao bo funcionamento dos centros neste final de curso
A Consellaría deu orde de dedicar ás direccións a buscar alumnos de 2º Bacharelato ou Ciclos que teñen rematado as aulas para que cubran o inquérito
Como temos denunciado, as présas da Consellaría para realizar a consulta, sen tempo a informarse ou debater sobre o asunto, incrementou esaxeradamente a carga de traballo que xa é excesiva polo remate do curso. A isto hai que engadir a orde que vén de dar a Consellaría aos equipos directivos para localizar aos alumnos de 2º de Bacharelato e Ciclos que teñen rematado xa as aulas. Cómpre ter en conta ademais que estes alumnos de 2º de bacharelato están centrados nas Probas de Acceso á Universidade que comezan mañá.
Estes feitos poñen en evidencia a prioridade que dá a Consellaría á súa campaña de adoutrinamento contra o galego fronte ás funcións ordinarias de xestión das actividades docentes que lles son propias ás direccións dos centros, sen ter escrúpulo en prexudicar mesmo ao propio alumnado en vésperas dunha selectividade na que se xoga o seu futuro.
Os equipos directivos teñen pois encomendadas funcións que non lles son propias no peor momento para calquera actividade extraordinaria.
A Consellaría de Educación chega ao extremo de obrigar aos equipos directivos a falsificar unha certificación que non poden acreditar, isto é, asinar na folla de resume na que refiren “que os pais/nais que entregaron o cuestionario son os que se reflicten nas listaxes que se achegan” cando eles non poden dar fe dunha entrega que non se vai facer en man e coa conseguinte identificación de quen achega os inquéritos.
En definitiva, cada día que pasa queda máis en evidencia a obsesión da Consellaría de Educación para reducir a xa escasa presenza do galego no sistema educativo valéndose de todo tipo artimañas, mesmo transgredindo a lexislación e sometendo aos centros públicos á súa campaña de adoutrinamento. Desde a CIG-Ensino insistimos en que a mellor resposta a estes despropósitos é sinalar a opción de todo en galego facendo achegar a opinión dos pais a prol de manter o actual Decreto de promoción e uso da lingua galega no ensino.

Volver