A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 31-8-09 a orde que concede concertos educativos a centros que segregan ao alumnado por razóns de sexo (258.000.000€ anuais ao ensino privado)

Segregación por sexo

A CIG-Ensino presentou recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por infrinxir a lei ao financiar o ensino que segrega o alumnado por razóns de sexo. A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente presentou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución. Os centros agraciados que se lles subvención totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS en concerto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya. en Vigo e Montespiño, e Peñarredonda na Coruña.
 
A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 31-8-09 a orde que concede concertos educativos a centros que segregan ao alumnado por razóns de sexo e destina 258 millóns de euros anuais aos concertos no ensino privado
 
A CIG-Ensino presentou recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por infrinxir a lei ao financiar o ensino que segrega o alumnado por razóns de sexo. A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente presentou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución. Os centros agraciados que se lles subvención totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS en concerto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya. en Vigo e Montespiño, e Peñarredonda na Coruña.
 
Esta concesión contradí a actual lexislación marco vixente (disposición adicional vixésimo quinta, artigo 84 da LOE ; artigo 4 do Decreto 30/2007 que regula admisión do alumnado e a e Orde do 9 de xaneiro pola que se ditan as normas para aplicación de concertos educativos en Galiza, a cal no seu punto 2 do artigo 4º indica como obriga o cumprimento da normativa vixente sobre a non-discriminación da admisión alumnado por razóns de sexo.
 
Con esta orde non se reducen os concertos educativos, nin sequera naqueles niveis educativos e localidades nas que os centros públicos son capaces de absorber a totalidade do alumnado. Estamos, polo tanto, ante unha política educativa favorecedora da ensinanza privada, subvencionada ao 100% co erario público, rexida fundamentalmente por patronais que perseguen non só un fin lucrativo, senón tamén un control ideolóxico e a transmisión de valores reaccionarios, cargados de prexuízos e predispostos á total desgaleguización do ensino.
 
A Orde que vén de publicarse supón que os centros privados de ensino na Galiza percibirán nin máis nin menos que 258 millóns de euros anuais. Nos próximos catro anos máis de 1.000 millóns de euros, é dicir, aproximadamente o 50% do orzamento que a Consellaría para este ano 2009.
 
Trátase dunha nova medida que, na práctica, implicará que o sistema educativo galego, nomeadamente nas cidades, estea planificado en función dos intereses do ensino privado. Hoxe, xa hai máis alumnado do ensino obrigatorio escolarizado nos centros privados concertados das cidades de Santiago, Vigo, Ferrol, A Coruña e Ourense.
 
É un escándalo que o diñeiro de todos e todas as galegos e galegas sufrague, porque así o decide o goberno do PP, de maneira ilegal, o ensino de centros privados, cuxo modelo educativo e ideario de centro son contrarios aos principios mínimos de convivencia social como é o caso do sexismo e a desigualade entre homes e mulleres.
 
Nun momento de recortes no ensino público e redución de servizos, postos de traballo, agrupamentos de unidades, redución de unidades e peche de escolas unitarias, etc... estes centros integristas relixiosos, contrarios á igualdade entre homes e mulleres, van dispoñer de preto de 3.000.000 de euros para promover un ensino sexista reaccionario.
 
Consideramos un escándalo o uso de diñeiro público para financiar estes centros fundamentalistas porque vai contra o progreso alcanzado na equiparación das mulleres cos homes amais de ser unha clara ilegalidade. Lembremos que no devandito artigo 84 da LOE establécese claramente que “En ningún caso poderá haber discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, afinidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal” a hora de admitir o alumnado tanto nos centros públicos como nos concertados; por iso a CIG-Ensino vai presentar recurso contencioso-administrativo contra esta resolución.

Volver