A Consellaría de Educación segue atacando ao ensino público, esta vez con peches de unitarias, eliminación de unidades nos centros e recortes de profesorado

A Consellaría inclumpre a lexislación vixente.

A CIG-Ensino continuará esixindo que se dote os centros co profesorado que os propios centros reclaman, pois son eles os que coñecen as súas necesidades de atención ao alumnado e anuncia que non aceptará ningunha modificación contraria ás solicitudes realizadas polos centros. Da mesma maneira esixirá que non se pechen unitarias nin unidades dos centros.
 
A Consellaría de Educación segue atacando ao ensino público, esta vez con peches de unitarias, eliminación de unidades nos centros e recortes de profesorado

A consellaría segue incumprindo a lexislación vixente ao non reunir as Xuntas de Persoal para negociar as vacantes de profesorado

Despois das reunións informais, que non Xuntas de Persoal, tal e como marca a lexislación vixente, mantidas nas xefaturas territoriais de A Coruña, Lugo e Ourense a CIG Ensino denuncia que a administración non vai cubrir a maioría das peticións de profesorado dos centros educativos trasladadas pola CIG Ensino.
O caso máis sangrante é o de Pontevedra, onde nin sequera se fixo a reunión, quedando esta para setembro, cando xa están feitos os nomeamentos do profesorado.
Na Coruña comunícase na reunión co Inspector Xefe (non acode a Xefa territorial por estar de vacacións) para falar das peticións dos centros o peche de máis de 10 unitarias (Pesadoira -Negreira-, Anxeriz -Tordoia-, Ribeira -Outes-...) , sen que antes pasase, sequera, pola xunta de persoal, e non se comprometen a cubrir ningunha das prazas solicitadas polos Centros. A CIG Ensino consegue nesta mesma reunión o compromiso de cubrir as prazas que queden vacantes polas distintas comisións concedidas.
En Ourense a situación chega ao extremo de considerar negociación a entrega das vacantes ofertadas por parte da administración, que é o que se fai nesta reunión, sen escoitar as necesidades dos centros transmitidas pola CIG Ensino.
En Lugo a situación é aínda máis grave se vemos que sobre o recorte anunciado na reunión na xefatura territorial aínda recortan 7 prazas de educación infantil.
Destacar que todo anterior sumado ao xa mencionado recorte en prazas de secundaria (nota de prensa do 21 de Xullo de 2010) vai facer que moito profesorado interino quede sen traballo para o curso que vén, mentres os centros seguirán sen ter cubertas as necesidades de profesorado para un ensino de calidade.

Volver