A Consellaría de Educación renuncia a introducir contidos propios nos novos ciclos formativos

Sen contidos galegos nos Ciclos formativos

A CIG-ENSINO rexeita as pretensións da Consellaría de eliminar os contidos propios dos novos ciclos de FP, limitándose unicamente a incluír nos novos ciclos os módulos contemplados nos Reais Decretos de contidos mínimos estatais, isto é os ligados ás unidades de competencia definidas nas cualificacións profesionais a nivel estatal.
A Consellería de educación renuncia a introducir contidos propios nos novos ciclos formativos
 
 
A CIG-ENSINO rexeita as pretensións da Consellaría de eliminar os contidos propios dos novos ciclos de FP, limitándose unicamente a incluír nos novos ciclos os módulos contemplados nos Reais Decretos de contidos mínimos estatais, isto é os ligados ás unidades de competencia definidas nas cualificacións profesionais a nivel estatal.
 
A Consellaría de Educación ten competencias para desenvolver o 45% dos contidos dos ciclos xa que os Reais Decretos estatais só fixan os contidos mínimos. Pode facelo ampliando os contidos e horario dos módulos xa definidos e tamén introducindo módulos novos relacionados coas especificidades da profesión na Galiza. Non hai razón para que a Consellaría non introduza módulos propios nos currículos xa que non hai ningunha lexislación que o impida e débense introducir para reforzar contidos relacionados co coñecemento do entorno e sistema produtivo galego e as influencias do mesmo no desenvolvemento da súa profesión.
 
Con esta decisión, vaise eliminar, por exemplo, o módulo de “Produción ecolóxica” que figuraba no borrador do Decreto do Ciclo Superior de Vitivinicultura e que xa non figurará no texto definitivo e mesmo é posíbel que se pretenda modificar Decretos xa aprobados, como o correspondente ao Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía, do que xa se impartiu o primeiro curso este ano, para eliminar o módulo de “Cociña galega de vangarda” tal e como denunciaron algúns dos centros que están a impartir o citado ciclo.
 
Isto é unha mostra mías do afán centralista e uniformizador do actual equipo da Consellería que tenta por todos os medios eliminar do ensino todos os factores diferenciadores que podan producir conciencia da identidade galega e valoración do propio fronte ao alleo.

Volver