A Consellaría de Educación nega o dereito do profesorado de ter a matrícula gratuíta na Universidade

O Conselleiro de Educación tardou máis de 40 días en responder negativamente á exixencia da CIG-Ensino de restabelecer o dereito do profesorado de ter a matrícula gratuíta na Universidade

O Conselleiro de Educación tardou máis de 40 días en responder negativamente á exixencia da CIG-Ensino de restabelecer o dereito do profesorado de ter a matrícula gratuíta na Universidade. Trátase doutra medida máis de desconsideración co profesorado na carreira do actual Conselleiro, pois a Consellaría podería facer posíbel a continuación deste dereito coa transferencia económica correspondente.

Non lle chega con reducirnos o salario, ampliar a nosa xornada docente, impornos a custodia do alumnado que é transportado, liquidar a xubilación anticipada LOE, suprimir a xornada reducida de xuño e setembro e reducir e suprimir diferentes modalidades de licenzas por estudo, senón que agora tamén se fará efectiva, coa súa complicidade, a desaparición da matrícula gratuíta que, desde sempre, tivo o profesorado na Universidade para continuar formándose.

Escrito da CIG matrícula gratuíta universidade
RESPOSTA CONSELLARIA MATRICULA GRATUITA.pdf
CIG Informa Matrícula Universidade

 

Volver