A Consellaría de Educación está a suprimir materias optativas nalgúns centros, dous meses e medio despois de empezar o curso escolar e preto da 1ª avaliación.

Supresión de Optativas

A Consellaría de Educación está obrigando a algúns centros de secundaria a deixar de impartir certas optativas que están impartindo desde principio de curso. A inspección deu orde de supresión de optativas, entre outros, nos seguintes centros: IES Cabo Ortegal de Cariño, IES de Uz das Pontes de García Rodríguez, IES Eduardo Pondal de Santiago, IES Francisco Asorey de Cambados, IES de Viós de Abegondo, etc.

Para a CIG-Ensino é inxustificable e incomprensible que a estas alturas do curso, preto de rematar o primeiro trimestre, se tome tal medida, cos trastornos que lles ocasiona ao alumnado desas materias e aos os centros que teñen que organizar de novo os horarios dese alumnado. Téñase en conta que, proximamente, vai ter lugar a 1ª avaliación. Que cualificación se lle porá, nesta avaliación, ao alumnado que agora vai cambiar de optativa?

Estamos ante un total despropósito da Consellaría, xa que calquera medida desta índole tería que facerse antes de iniciarse o curso e non agora. Estamos a referirnos ás optativas nas que a súa impartición non supuxo nomear novo profesorado nin a súa supresión suporá redución de profesorado no centro, o que fai aínda máis inxustificada a medida da Consellaría.

Por outra parte, a limitación do número de alumnos/as para cursar unha optativa está prexudicando, fundamentalmente, o alumnado do rural porque son centros que teñen un menor número de alumnado e, amais, pon en tela de xuízo a igualdade de oportunidades

Para a CIG-Ensino, é lamentábel a desconsideración co ensino público, neste primeiro trimestre de curso, empezando polo recorte importante de profesorado nos centros, coas conseguintes consecuencias na calidade do ensino (gran cantidade de materias impartidas por profesorado non especialista, redución de agrupamentos, PDCs, ....) e agora reducindo a optatividade. Mentres, os orzamentos da Consellaría de Educación do 2009 van destinar 256 millóns de euros ao ensino privado concertado.
 
A CIG-Ensino exixe que, a estas alturas do curso escolar, o alumnado continúe cursando as materias optativas nas que se matriculou e así llo vai trasladar á Consellaría na Mesa Sectorial de mañá, día 27 de novembro.

Volver