A Consellaría de Educación elimina o requisito que garante unha adquisición mínima de material en galego para as bibliotecas escolares

A CIG-ENSINO denuncia un novo ataque ao noso idioma.

A CIG-Ensino denuncia un novo ataque á nosa lingua por parte da Consellaría de Educación. No DOG do venres día 7 de maio publicouse Orde do 23 de abril de 2010 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2010-2011. Pois ben, nesta Orde tan simbolicamente asinada con data do día 23 de abril, día do libro e da lectura, a Consellaría aproveita para acometer unha nova agresión á nosa lingua e é que no seu artigo 2, punto 3, onde en todas as convocatorias anteriores figura que: “Un mínimo do 50% dos fondos adquiridos deberán estar en lingua galega.” a Consellaría que preside Jesús Vázquez elimina este requisito, baixo a redacción de: “A multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente recollidas” eliminando así un novo espazo para o noso idioma, precisamente cando se constata que nas bibliotecas escolares os libros en galego non están en situación de equidade respecto dos libros en español.
A CIG-ENSINO denuncia un novo ataque ao noso idioma

O Conselleiro non só ten o atrevemento de promover esta nova agresión contra o noso idioma, senón que mesmo pide comparecer no Parlamento para presentar esta nova convocatoria do PLAMBE como unha iniciativa para continuar na potenciación das bibliotecas escolares, mais unha potenciación que eles pretenden que se faga de costas á nosa lingua. Foi unha comparecencia en que, unha vez máis, quedou patente a fobia antigalega do goberno do PP na Xunta de Galiza que como contribución ás ordes de convocatoria do PLAMBE poñen o selo da súa casa eliminando o requisito sobre a proporción de libros en galego, un requisito absolutamente necesario, pois o número de volumes en galego nas bibliotecas está ostensibelmente moi por debaixo do número de volumes en castelán.

Deste xeito actúa a Xunta de Galicia, coincidindo coas datas en que celebramos que temos unha lingua propia, esta é a súa achega: seguir reducindo a súa presenza, continuar no ataque ao galego. Precisamente cando se fan públicos os datos da Universidade de Santiago da menor competencia en galego do alumnado castelán falante, fronte á equidade nos resultados nas dúas linguas do alumnado galego falante, o que pon de relevo a idoneidade dunha educación en que o galego teña a presenza axeitada, unha maior presenza, na procura da súa normalización. Unha Xunta que segue a empregar o noso diñeiro público en pagar anuncios en español, insultándonos a todas as galegas e galegos.

A Consellaría de Educación segue na súa teima de atacar o idioma, mentres segue sen recoller as demandas que desde o profesorado e os centros se fan para a poder atender debidamente as bibliotecas escolares: formación específica para responsábeis de bibliotecas, dotación axeitada, establecemento da figura do responsábel de biblioteca, coa redución horaria pertinente para a realización do seu traballo, realización dun plan de biblioteca escolar que estea incardinado no Plan Educativo do Centro, etc., etc. Mentres non se recollan estas demandas e mentres non se potencie a presenza da nosa lingua nas bibliotecas escolares, non se poderá falar de potenciación real das bibliotecas.

Volver