A Consellaría de Educación comeza a efectivizar o retroceso en materia de normalización lingüística

Regresión do galego

Na Mesa de onte luns, día 4 de maio, a Consellaría de Educación comezou a efectivizar o involución en materia de normalización lingüística ao opoñerse a recoller na orde de licenzas por estudos que o profesorado candidato teña que demostrar a capacitación no noso idioma e presentar o seu proxecto en galego.

            Precisamente esta foi a única medida adoptada polo novo equipo da Consellaría, pois tanto a orde de licenzas como o resto da documentación presentada repetía o contido da documentación publicada no DOG o ano anterior. Esta actitude pon de manifesto o desprezo polo noso idioma que, desde a CIG-Ensino, non imos aceptar en absoluto. De feito, foi para a CIG unha cuestión central reclamar que se mantivese o requisito de demostrar a capacitación no noso idioma nesta orde de licenzas que só convoca 72 anuais para un colectivo de máis de 32000 profesores. É inaceptábel para a CIG que non se recolla nesta orde este requisito que debe cumprir todo o profesorado galego.
 
            A actitude de desprezo da Consellaría evidenciouse, tamén, na negativa a recoller ningunha das modificacións propostas á Orde, unha vez presentado o equipo actual da Consellaría.
 
            Xa no inicio da Mesa, a CIG-Ensino realizou unha primeira intervención, rexeitando as declaracións do Presidente da Xunta e do Conselleiro de Educación sobre a derrogación do Decreto 124/2007. Desde a CIG-Ensino, deixamos claro que non imos aceptar ningún paso atrás na cativa regulamentación existente sobre a normalización lingüística do noso idioma e, polo tanto, non aceptaremos a derrogación do Decreto. Por outro lado, reclamamos que se poñan os medios e recursos para a aplicación do Decreto.
 
            A CIG-Ensino lamenta que o inicio das negociacións co novo equipo da Consellaría se inicie con esta actitude de Educación e manifesta que se opoñerá permanentemente a este tipo de medidas contra o noso idioma.

Volver