A Consellaría confunde á opinión pública polo revés que vén de recibir do Tribunal Superior por impedirlle censurar información contraria á súa propaganda contra o galego

As mentiras da Consellaría

Diante da confusa interpretación dada ao auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza nun comunicado feito público pola Consellaría de Educación, para sementar dúbidas acerca da legalidade das prohibicións de realizar actos divulgativos ou distribución de información sobre o inquérito contra o galego, a CIG-Ensino quere manifestar o seguinte:
A Consellaría confunde á opinión pública polo revés que vén de recibir do Tribunal Supremo por impedirlle censurar información contraria á súa propaganda contra o galego
 
Diante da confusa interpretación dada ao auto do Tribunal Supremo de Xustiza de Galiza nun comunicado feito público pola Consellaría de Educación, para sementar dúbidas acerca da legalidade das prohibicións de realizar actos divulgativos ou distribución de información sobre o inquérito contra o galego, a CIG-Ensino quere manifestar o seguinte:
1.- As instrucións dadas pola Xunta nas que se indicaba que non se podían facer “actos a favor ou en contra” do inquérito eran dunha ambigüidade calculada que levou a que fose interpretado no sentido de censurar e silenciar calquera opinión discrepante. Por iso solicitamos a suspensión cautelar destas instrucións, isto é, pola lectura que se estaba a facer dela a través de ordes verbais ou correos electrónicos sen asinar, nos que se no sentido de amordazar á Comunidade Educativa.
2.- O Tribunal Supremo de Xustiza de Galiza considera que esta suspensión non é necesaria porque en ningún caso se pode extraer de ditas instrucións a interpretación que xa de xeito máis informal se facilitaba desde a Consellaría, senón que só cabe un único significado que é o que dá o auto, isto é, prohibindo exclusivamente “todo acto que entrañe impedimento o coacción en relación con el desarrollo del proceso de relización de la misma que entorpezca, obstaculice o dificulte que la misma se lleve a cabo” e “no el ejercicio de los derechos fundamentales a la libertad de expresión e información, de reunión, de asociación y libertad sindical, los cuales se pueden ejercer sin restricción derivada de aquella instrucción”
3.- Co cal quedan sen efectos as ordes verbais ou correos electrónicos que desde a administración educativa emanaron no sentido de prohibir reunións, impedir a distribución de información ou realizar actos divulgativos sobre o inquérito apoiándose na devandita instrucción. E este é o obxectivo do recurso presentado pola CIG-Ensino, de aí que non entendamos as “felicitacións” da Consellaría pois deixa en evidencia a ilegalidade das súas manobras represivas.
4.- O que é o colmo da terxiversación é tirar como conclusión disto como fai a Consellería que con esta resolución o Tribunal de Xustiza avala a consulta, cando non se pronuncia sobre ela nin era o motivo da demanda.

Circular da Consellaría enviada aos centros o 11 de xuño:

Estimado/a Director/a
     Le adjunto el modelo de justificante de recibo en relación a la consulta a las familias sobre la utilización de las lenguas en la enseñanza no universitaria de Galicia.
     Aprovecho para recordarle que la Dirección del centro es la responsable del normal desarrrollo del proceso de realización de la consulta y en consecuencia deberá prohibir todas las acciones o actos, tanto a favor como en contra del mismo, manteniendo informada en todo momento a la Inspección Educativa. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


Solicitude diante do Tribunal Superior de Galiza presentado pola CIG-Ensino:

“OUTRO SI DIGO:
Da suspensión cautelar da instrución da Consellaría.
Dentro do apartado titulado Medidas Cautelares, relativo entre outros ao procedemento para a tutela dos dereitos fundamentais, recóllese na LXCA a posibilidade de que, segundo reza o arto 129.1 "1. Os interesados poderán solicitar en ca/quera estado do proceso a adopción de cantas medidas aseguren a efectívidade da sentencia. ":
En relación á concesión de calquera medida neste sentido di o arto 130 LXCA que "1. Previa valoración circunstanciada de todos os intereses en conflito, a medida cautelar poderá acordar unicamente cando a execución do acto ou a aplicación da disposición puidesen facer perder a súa Finalidade lexítima ao recurso. 2. A medida cautelar poderá denegarse cando desta puidese seguirse perturbación grave dos xuros xerais ou de terceiro que o Xuiz ou Tribunal ponderará en forma circunstanciada.
A medida cautelar que se solicita neste momento é QUE SE SUSPENDA CAUTELARMENTE A INSTRUCIÓN EMITIDA POlA CONSEllARíA NA QUE ORDENA AOS/ÁS DIRECTORESIAS DE CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO QUE REALICEN A PROHIBICiÓN á que se retire o Feito 2° deste escrito.
A finalidade de que se adopte neste momento é que o procedemento de entrega e devolución dos documentos que está a facer a Consellaría remata o 19 de xuño e unha continuidade da prohibición impediría definitivamente aos membros da comunidade educativa e singularmente a nais e pais tomar unha decisión con todos os elementos de xuízo que a fagan realmente libre.
Por isto pedimos que se faga DE XEITO INMEDIATO, inaudita parte, sen prexuízo do que prevé o arto 135 LXCA" O Xuíz ou Tribunal, atendidas as circunstancias de especial urxencia que concorran no caso, adoptará a medida sen oír á parte contraria. Contra este auto non se dará recurso algún. Na mesma resolución, o Xuíz ou Tribunal convocará ás partes a unha comparecencia, que haberá de celebrarse dentro dos tres días seguintes, sobre o levantamento, mantemento ou modificación da medida adoptada. Celebrada a comparecencia, o Xuíz ou Tribunal ditará auto, o cal será recorrible conforme ás regras xerais".

Ligazón co auto do Tribunal Superior de Galiza

Volver