A CIG solicita unha entrevista co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
O xoves 16 de decembro na reunión de delegagas do Consorcio decidiuse solicitar unha entrevista co xerente, que de non ter unha resposta satisfactoria retomaríamos as mobilizacións.
Son varias e diferentes as noticias que transcenden sobre a integración do Consorcio Galego de I+B na Axencia Galega de Servizos Sociais, sen que desde os representantes das traballadoras e traballadores teñamos unha información veraz sobre a última intención da Consellaría de Traballo e Benestar.
A CIG-Ensino solicitoulle ao Xerente unha entrevista, a maior brevidade posíbel, ao obxecto de tratar os seguintes temas:
- Criterios da integración do Consorcio na Axencia Galega de Servizos Sociais (integración dos Servizos Centrais, Oficinas I+B, Galescolas...)
- Aplicación do Convenio.
- Solución a problemática das listas de agarda.
- Que se axilice e non deneguen as reducións de xornada.
- Constitución dos Comités de Prevención e Saúde Laboral.
- Información sobre a apertura dos novos centros e as novas subrogacións.
- Efectivización, como no ano anterior, de que o 24 e 31 de decembro son compensados con 1,75 días por día traballado.
Así mesmo, os comités amosan o seu malestar debido á nula receptividade ás súas opinións, escritos e solicitudes por parte da Xerencia do Consorico de Igualdade e Benestar.
Desde a CIG continuaremos a traballar para lograr que as condicións de traballo melloren día a día.