A CIG esixe que se materialice a proposta da Consellaría de que se retiren os concertos educativos aos centros que segregan alumnado por razón de sexo.

Igualdade e coeducación

Diante do pronunciamento recente de certos grupos de presión ligados ao OPUS, agardando que a Consellaría de Educación recúe na súa intención de financiar con cartos públicos centros privados nos que se segrega o alumnado por razón de sexo, e fronte as respostas esquivas que sobre este asunto dá o novo Conselleiro, a CIG-Ensino quere reiterar a súa esixencia de que se lle retiren este tipo de axudas a ditos Centros

A CIG esixe que se materialice a proposta da Consellaría de que se retiren os concertos
educativos aos centros que segregan alumnado por razón de sexo

 

Diante do pronunciamento recente de certos grupos de presión ligados ao OPUS, agardando que a Consellaría de Educación recúe na súa intención de financiar con cartos públicos centros privados nos que se segrega o alumnado por razón de sexo, e fronte as respostas esquivas que sobre este asunto dá o novo Conselleiro, a CIG-Ensino quere manifestar o seguinte:

 

  1. Logo da campaña levada a cabo pola CIG-Ensino e a presentación dun recurso contencioso-administrativo contra a anterior orde de concertos, consideramos unha conquista irrenunciábel que Galiza cumpra escrupulosamente o artigo 84.3 da LOE e o artigo 4 do decreto 30/2007 sobre admisión de alumnos/as, no que se refire á non discriminación por razón de sexo. A nova orde dos concertos educativos adáptase a esta lexislación ao deixar de financiar centros privados que leven a cabo educación separada de nenos e nenas.
  2. É un escándalo que se utilice a “liberdade” como escusa para xustificar que os fondos públicos vaian destinados a sufragar modelos educativos con idearios contrarios aos principios mínimos de convivencia social como é o caso do sexismo e a desigualdade entre homes e mulleres.
  3. Os Concertos Educativos están en trámite e informados pola anterior administración, segundo a normativa vixente. Neles estabelécese que non se concertarían as unidades de educación separada o que supón que os centros ligados ao OPUS que practican este tipo de educación sexista queden sen concerto, isto é, o CPR As Acacias, o CPR Monte Castelao, CPR Montespiño, CPR Peñarredonda e CPR Aloya.

 

Desde a CIG-Ensino, baixo ningún concepto aceptariamos que se dera un paso atrás nesta cuestión, atendendo á presión destes grupos reaccionarios que pretenden segregar o alumnado e que por riba sexa pagados con fondos públicos.

Volver