A CIG esixe a retirada das medidas de reducción do déficit público, na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada en Madrid o día 20 e logo nas concentracións nas 7 cidades
Medidas antisociais do goberno
Nesta reunión a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitouse verbalmente a dar a pouca información á que estaban autorizados, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 4,30 hs. Para eso era mellor que non nos convocaran.
A CIG esixe a retirada das medidas de reducción do déficit público na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada en Madrid e logo nas concentracións nas 7 cidades
Nesta reunión a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitouse verbalmente a dar a pouca información á que estaban autorizados, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 4,30 hs. Para eso era mellor que non nos convocaran.
Información comunicada na Mesa Xeral de Función Pública.
O Goberno vai elaborar un Decreto Lei que ten que ser ratificado polo Parlamento Español.
O devandito Decreto conterá, cando mínimo, as seguintes materias:
Persoal funcionario e Estatutario.
O Decreto do goberno Español conterá, con carácter xeral, unha redución que será de aplicación ás retribucións básicas de todas/os as/os empregadas/os públicos : soldo base e antigüidade.
A redución a aplicar nas retribucións complementarias será competencia das CCAA para que o apliquen conxuntamente a todas/os as/os empregadas/os públicos, ou sectorialmente que cada Consellaría determine as reducións a aplicar.
Os efectos económicos da redución serán desde o dia 1 de xuño de 2010, a paga extra do mes de xullo non ten redución.
Persoal Laboral.
Para aplicar as medidas a este persoal van a facultarse no poder que lles confire o Estatuto Básico do Empregado Público, se non, non llo poderían aplicar , xa que as súas retribucións determínanse de acordo coa lexislación laboral e o convenio colectivo que lles sexa de aplicación. En base a isto, a redución salarial ten que ser directa e individualizada, fora do ámbito da negociación colectiva. Que feliz foi a Admón o día que as organizacións sindicais estatais (CCOO, UGT e CSI-CSIF) lle deron a súa aprobación ao E.B.E.P.
A Presidenta da Mesa Xeral non tiña información de como se lle van a aplicar estas medias ás empresas públicas e outros entes.
A Admínistración valorará a aplicación destas medidas ao persoal que este próximo á xubilación, aínda que non lle afectará ao persoal de MUFACE.
Como remate, un dato importante, manteráse o 0,3% de masa salarial para os fondos de pensións. Parécenos unha inmoralidade que os salarios estean afectados, e os fondos de pensións sigan alimentando os petos dos poderes financieiros.
A CIG pediu na Mesa a retirada destas medidas.
Hai que estar atentos á decisión do Consello de Ministros, para comprobar como se van a aplicar as medidas.