A CIG-ENSINO VALORA QUE A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO PON EN CUESTIÓN A CONFECCIÓN DAS ENQUISAS AOS PAIS E O SEU RESULTADO

Enquisas sobre o galego

A CIG-Ensino valora positivamente que o Tribunal Supremo teña pechado definitivamente o vía xurídica aberta tras a reclamación dun pai que pedía que o seu fillo fose escolarizado exclusivamente en castelán. Para a CIG-Ensino esta sentenza pon en cuestión as enquisas realizadas por Educación no mes de xuño e os seus resultados.

A sentenza do Tribunal Supremo dá validez definitiva á setenza anterior, emitida o 21 de novembro de 2007 pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, que daquela fallara en contra do recorrente, motivando a seu fallo no seguinte argumento, entre outros: a circunstancia de coexistir dúas linguas na Comunidade Autónoma non só autoriza, senón que exixe, ..., o seu tratamento conxunto e a exixencia da galega nos nivei de estudos non universitarios. A discriminación produciríase precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recorrente, no sentido de permitir que, a criterio do peticionario, se puidese cursar un determinado tipo de estudo con esquecemento ou marxinación dunha das linguas concurrentes.
 
Deste xeito o Tribunal Supremo vén validar, unha vez máis, a normativa legal en vigor, é dicir, o Decreto 124/2007 entre outros.
 
Para a CIG-Ensino esta sentenza é unha nova chamada de atención para a Adminsitración galega, pois deslexitima os argumentos empregados polo actual goberno para cuestionar o Decreto 124 e iniciar a súa derrogación. Ao mesmo tempo, os argumentos xurídicos da sentenza que vén de ser confirmada desautorizan igualmente a consulta realizada no mes de xuño pola Consellaría de Educación e deixa perfectamente claro que lle corresponde á Adminsitración velar polo cumprimento da lexislación e, por tanto, cumprir o que recollen o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística en que se establece que os poderes públicos procurarán o normal desenvolvemento do noso idioma.
 
A CIG-Ensino agarda que ante esta nova sentenza a Consellaría reconsidere as actuacións que iniciou contra o Decreto 124 pois non ten argumentos sociais nin legais que lle permitan continuar coa súa política de agresión á lingua. A mobiliación social visbilizada o 18 de outubro, e as sentenzas existentes, poñen en entredito os resultados dun inquérito fabricado ex profeso para reducir a presenza do noso idioma entre os máis novos.

Volver