A CIG-Ensino tamén denuncia que a Consellaría chega á difamación do profesorado para xustificar o seu favoritismo coa privada

Proxecto ABALAR

A decisión da Consellaría de Educación de discriminar aos centros públicos da comarca da Coruña contra os privados concertados á hora de adxudicar o Proxecto Abalar, é un burdo intento de camuflar o aumento de recursos a este tipo de centros detraéndoos dos adicados aos colexios de titularidade pública. Porque a participación no Proxecto supón que a Consellaría dotaraos de material informático e pagará a formará o persoal docente necesario.
A CIG-Ensino denuncia unha nova agresión ao ensino público por parte da Consellaría de Educación que favorece os centros privados fronte aos públicos na posta en marcha do proxecto ABALAR

A decisión da Consellaría de Educación de discriminar aos centros públicos da comarca da Coruña contra os privados concertados á hora de adxudicar o Proxecto Abalar, é un burdo intento de camuflar o aumento de recursos a este tipo de centros detraéndoos dos adicados aos colexios de titularidade pública. Porque a participación no Proxecto supón que a Consellaría dotaraos de material informático e pagará a formará o persoal docente necesario.

Do mesmo xeito resulta totalmente impresentábel que o Superdelegado xustifique esta decisión cunha mentira, tal cal é que os centros concertados teñen mellor disposición ca os públicos para participar neste Proxecto. E aínda máis, que o Director Xeral de Educación utilice como argumento unha mentira, difamando unha vez máis ao persoal docente, pois chega dicir que o profesorado dos centros públicos non están disposto a formarse, o que é rotundamente falso e un ataque manifesto ao ensino público.

Unha medida que se suma a outras que xa leva feito a Consellaría de Educación, nomeadamente:
A redución de profesorado coa conseguinte masificación dos centros da comarca e a redución da oferta educativa en determinadas ensinanzas (Formación Profesional, Escola de Idiomas...)
As dificultades para conseguir que dote dos coidadores/as precisos cando se escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.
A supresión de servizos complementarios, coa redución de persoal dos comedores escolares.
E todo isto mentres asistimos a un constante apoio ao ensino concertado en detrimento do público como se pode comprobar no paulatino incremento dos fondos destinados a estes centros ao tempo que se diminúen os fondos para os centros públicos ou como se decide outorgar o concerto educativo a centros que segregan ao seu alumnado por cuestión de sexo.

Desde a CIG-ENSINO, sindicato maioritario no ensino público, queremos unha vez máis amosar o noso rexeitamento máis absoluto a estas medidas desprotectoras do ensino público, mostrar o noso apoio incondicional aos equipos directivos e ao profesorado dos centros públicos que veñen de ser claramente inxuriados por Diego Calvo, delegado da Xunta na provincia da Coruña.

A CIG-ENSINO esixe da Xunta de Galiza, nomeadamente do seu presidente, unha rectificación das descualificacións do seu responsábel político na Coruña e da Consellaría unha revisión das decisións adoptadas no proxecto Abalar, garantindo que os cartos que cos impostos destinamos ao ensino vaian realmente para os centros públicos.

Volver