A CIG-Ensino rexeita a supresión das ensinanzas de bacharelato no CIFP Monte de Conxo de Santiago de Compostela

Decreto de Bacharelato (CIFP Monte de Conxo)

A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 4 do xuño do 2008 a Orde de 29 de maio ”pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de Galiza”. Da devandita orde despréndese que as ensinanzas de Bacharelato que se viñan impartindo no CIFP Monte de Conxo (modalidades de bacharelato cientitífico e tecnolóxico) comezarán a extinguirse xa no vindeiro curso académico (no que só se impartírá 2º de Bacharelato).
A CIG-Ensino rexeita a supresión das ensinanzas de Bacharelato no CIFP Monte de Conxo de Santiago de Compostela
 
 
A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 4 do xuño do 2008 a Orde de 29 de maio ”pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de Galiza”. Da devandita orde despréndese que as ensinanzas de Bacharelato que se viñan impartindo no CIFP Monte de Conxo (modalidades de bacharelato científico e tecnolóxico) comezarán a extinguirse xa no vindeiro curso académico (no que só se impartírá 2º de Bacharelato).
 
A conversión do IES Monte de Conxo en CIFP conlevou a extinción progresiva das ensinanzas da ESO e a supresión de postos de traballo do profesorado do corpo de PES (cun proceso de mobilidade e readscripción forzosa). Agora a Consellaría de Educación, dun xeito unilateral e sen ter negociada esta Orde do 29 de maio no seo da Mesa Sectorial docente non universitaria, liquida as ensinanzas de Bacharelato. Isto provocará novas supresións de profesorado que se adscribiu no seu momento aos seus actuais postos de traballo na perspectiva da continuidade de ditas ensinanzas no centro.
 
A CIG-Ensino esixe á Consellaría de Educación que manteña para o vindeiro curso académico 2008-2009 as dúas modalidades que se viñan impartindo, o que evitará novas supresións de postos de traballo.
 
Hai que ter en conta que a CIG-Ensino, no ámbito da súa campaña contra o novo Decreto de Bacharelato, esixe que en todos os centros onse se imparta Bacharelato, se oferten como mínimo dúas especialidades.
 
Por outra banda, A CIG-Ensino ten recurrido ante o Tribunal Supremo, e admitido a trámite, o Real Decreto 1558/2005 “polo que se regulan os requisitos básicos dos centros integrados de Formación Profesional”, por invadir competencias exclusivas en educación das CCAA, impedir que estes centros impartan as ensinanzas da ESO, contemplar a posibilitade de extinguir progresivamente as ensinanzas de Bacharelato, elección “a dedo” das direccións destes centros, entre outros aspectos negativos para o ensino público.

Volver