A CIG-Ensino responde ás declaracións de Feijoo sobre os agrupamentos de alumnado e asina xunto cos demais sindicatos unha declaración esixindo tratar a retirada da circular na Mesa Sectorial

Calidade do ensino

Perante as declaracións do presidente da Xunta de Galiza, recollidas hoxe, en diferentes medios de comunicación, nas que, referíndose ao agrupamento de alumnado de diferentes cursos e ciclos de primaria e infantil, afirma que este tipo de circular xa se adoptara con outros gobernos anteriores, a CIG-ENSINO quere manifestar que o presidente da Xunta de Galiza falta á verdade. Até o de agora a única orientación, e non obriga, da Consellaría procede do ano 2003 (goberno do partido Popular ). Estas orientacións, que nin sequera foron aceptadas polas organizacións sindicais, recollen que "se poderán agrupar unidades de diferentes cursos ou ciclos, sempre que non superen os 16 alumnos/as". Mentres a que se pretende aplicar agora si estabelece criterios obrigatorios e incrementa substancialmente as rateos: “agruparanse nun mesmo grupo o alumnado de diferentes cursos ou ciclos sempre que o número de alumnos fose igual ou inferior a 20”.
O presidente da Xunta trata de enganar á opinión pública no problema da circular dos agrupamentos de alumnos
Perante as declaracións do presidente da Xunta de Galiza, recollidas hoxe, en diferentes medios de comunicación, nas que, referíndose ao agrupamento de alumnado de diferentes cursos e ciclos de primaria e infantil, afirma que este tipo de circular xa se adoptara con outros gobernos anteriores, a CIG-ENSINO quere manifestar que o presidente da Xunta de Galiza falta á verdade.  Até de agora a única orientación, e non obriga,  da Consellaría procede do ano 2003 (goberno do partido Popular ). Estas orientacións, que nin sequera  foron aceptadas polas organizacións sindicais, recollen que se poden “agrupar unidades de diferentes cursos ou ciclos, sempre que non superen  os 16 alumnos/as. Mentres a que se pretende aplicar agora sí estabelece criterios obrigatorios e incrementa substancialmente as rateos: “agruparanse nun mesmo grupo o alumnado de diferentes cursos ou ciclos sempre que o número de alumnos fose igual ou inferior a 20”. 
 Achegamos o último estudo feito pola CIG-ENSINO, centro a centro , sobre o impacto que tería nos centros de ensino a aplicación dos criterios que agora quere aplicar a Consellaría. Aínda a falta de recabar os dados  de Ferrol e completar os  da comarca de Vigo, suprimiríanse 301 postos de profesores e profesoras,  185 unidades. 

RESUMO
     
Comarcas Unidades suprimidas Profesorado suprimido
Lugo 51 90
Coruña 25 41
Ourense 36 75
Santiago 30 35
A mariña   8
Pontevedra 25 32
Baixo Miño 11 13
Vigo 7 7
 Totais 185 301

Escrito conxunto das Organizacións Sindicais ao Presidente da Mesa Sectorial e ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos
O pasado día 22 de maio, as organizacións sindicais vímonos obrigados a abandonar a Mesa Sectorial Docente non Universitaria por non estar disposta a Consellaría a retirar a circular que recolle as instrucións dadas á inspección educativa para reagrupar o alumnado de diferentes cursos e ciclos.
 
Onte (27 de maio), convocouse, de novo, Mesa Sectorial para mañá, venres 29 de maio, sen que apareza na súa orde do día ningunha referencia en relación á dita circular.
En consecuencia, trasladámoslle que ou ben está en disposición de tratar de novo o tema para retirar a circular ou ben as organizacións sindicais, con presenza na Mesa Sectorial, verémonos na obriga de retirarnos novamente da mesma.

Volver