A CIG-Ensino reclama que o nomeamento das direccións dos Centros Integrados de F.P. non se faga por libre designación

Formación Profesional

Onte, día 27 de febreiro, debateuse na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario o Decreto polo que se regulan os centros integrados de Formación Profesional. Para a CIG-Ensino este Decreto desenvolve unha lexislación de ámbito estatal contra a que xa nos posicionamos nas distintas Mesas estatais e galegas. A CIG-Ensino defende que estes centros que van ofertar FP regrada, continua e ocupacional, educación non obrigatoria, deben estar exclusivamente na rede pública e en ningún caso se debe contemplar a posibilidade de estabelecer réximes de concerto, custión esta que a Consellaría dixo que estudaría.

A CIG-Ensino reclama que o nomeamento das direccións dos Centros Integrados de F.P. non se faga por libre designación

 

 

Onte, día 27 de febreiro, debateuse na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario o Decreto  polo que se regulan os centros integrados de Formación Profesional.

 

Para a CIG-Ensino este Decreto desenvolve unha lexislación de ámbito estatal contra a que xa nos posicionamos nas distintas Mesas estatais e galegas. A CIG-Ensino defende que estes centros que van ofertar FP regrada, continua e ocupacional, educación non obrigatoria, deben estar exclusivamente na rede pública e en ningún caso se debe contemplar a posibilidade de estabelecer réximes de concerto, cuestión esta que a Consellaría dixo que estudaría.

 

A CIG tamén defendeu que estes centros deberán estar ubicados atendendo sempre ao tecido produtivo galego, preparando ao seu alumnado para o seu desenvolvemento laboral en Galiza.

 

A CIG-Ensino demandou que no Consello Social destes centros se amplíe a representación sindical de dous a tres membros e que os membros do claustro que formen parte deste órganos sexan elixidos na súa totalidade polos seus compañeiros de claustro (a Consellaría propoñía que só dous dos catro fosen elixidos polo claustro).

 

A CIG-Ensino foi moi contundente no rexeitamento do procedemento para o nomeamento do director ou directora, que o Decreto prevé que se faga por libre designación. Insistimos na necesidade de democratizar este proceso, reclamando que o nomeamento se faga recollendo a proposta dos órganos colexiados e entre o profesorado do Centro Integrado.

 

A CIG tamén reclamou que se elimine a posibilidade de que nestes centros poidan impartir especialistas, o que significa introducir nos centros educativos a figura do pluriempregado que realizará este traballo como horas extraordinarias. Entendemos que os centros deben contar cuns cadros de presoal suficientemente amplos para atender todas as necesidades de formación que existan.

Volver