A CIG-ENSINO RECLAMA A MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DE PREMIOS A PROXECTOS DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN

Proxectos de innovación en normalización lingüística

O 9 de setembro, publicouse no portal web da Consellaría de Educación a Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2009-2010. En primeiro lugar, a CIG-Ensino denuncia o atraso na publicación desta convocatoria, que este ano se realiza xa iniciado o curso, co que até dentro duns catro meses, mediado o curso, non se coñecerá a resolución das bases, o que incidirá negativamente na posta en marcha do proxecto.

A CIG-ENSINO RECLAMA A MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DE PREMIOS A PROXECTOS DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN

 

O 9 de setembro, publicouse no portal web da Consellaría de Educación  a Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2009-2010.

En primeiro lugar, a CIG-Ensino denuncia o atraso na publicación desta convocatoria, que este ano se realiza xa iniciado o curso, co que até dentro duns catro meses, mediado o curso, non se coñecerá a resolución das bases, o que incidirá negativamente na posta en marcha do proxecto.

Ante esta convocatoria, a CIG-Ensino presentou un escrito en que reclama, en primeiro lugar, que as futuras convocatorias se fagan en tempo e forma, de maneira que poidan estar resoltas ao inicio do curso, de feito o ano pasado publicouse catro meses antes de iniciado o curso.

Ademais, a CIG-Ensino reclamoulle á Consellaría e á Dirección Xeral de Política Lingüística que esta convocatoria se publique no DOG, como até agora se veu facendo, única maneira de garantir o seu coñecemento entre os destinatarios, os centros educativos, realizando a maiores unha campaña informativa sobre os premios nos centros. Tamén que se publique no DOG a resolución.

Por outro lado, a CIG comproba que a convocatoria para este curso é un retroceso respecto de convocatorias anteriores, por este motivo, no escrito presentado, reclama que se fagan as seguintes modificacións:.

Ø  Que se manteña o número de premios convocados o ano pasado, 10, xa que na convocatoria deste ano se reducen a 7.

Ø  Que se manteña o requisito de incluír no proxecto “as necesidades de formación do profesorado para a óptima execución do proxecto”, tal e como estaba recollido en anteriores convocatorias, pois a formación é un elemento chave na normalización e a Consellaría non pode eludir esta responsabilidade.

Ø  Que se manteña a porcentaxe de valoración (un 40% como na convocatoria anterior, fronte ao 30% que se recolle na actual convocatoria) dos criterios de participación do profesorado, grao de compromiso do centro co desenvolvemento do proxecto, grao de compromiso do profesorado coa lingua galega e garantía da continuidade do proxecto, criterios de importancia substancial á hora de valorar a viabilidade do proxecto a realizar.

Ø  Que se incremente o montante económico global destinado aos premios, considerando a mantemento de 10 premios.

Ø  Que se manteña a asignación horaria ao profesorado encargado do proxecto.

Ø  Que se recolla novamente, como en anteriores convocatorias, que o profesorado participante recibirá certificación de participación nun proxecto de innovación educativa cunha duración de 50 horas.

 

Para a CIG-Ensino, é esencial realizar todas estas modificación na convocatoria para garantir a extensión e o mellor desenvolvemento destes proxectos dun alto interese educativo.

Volver