A CIG-ENSINO reafírmase na exixencia da dimisión do Conselleiro e do Secretario Xeral de Política Lingüística por manipulación, falsidade, prepotencia e autoritarismo

CONSELLO ESCOLAR DE GALIZA

A CIG-ENSINO reafirma a urxencia e a necesidade de que o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, dimitan das súas responsabilidades pola súa actitude permanente en contra do galego á que se lle suma agora a manipulación, mentira e falsidade, chegando converter a páxina institucional da Consellaría de Educación non voceiro ideolóxico do Partido Popular.
A CIG-ENSINO reafírmase na exixencia da dimisión do Conselleiro e do Secretario Xeral de Política Lingüística por manipulación, falsidade, prepotencia e autoritarismo
 
A CIG-ENSINO reafirma a urxencia e a necesidade de que o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, dimitan das súas responsabilidades pola súa actitude permanente en contra do galego á que se lle suma agora a manipulación, mentira e falsidade, chegando converter a páxina institucional da Consellaría de Educación non voceiro ideolóxico do Partido Popular.
Malia o seu intento reiterado de terxiversar os datos, realizando unha manipulación informativa a través da web institucional de Educación, e controlando a información emitida nos medios públicos, que foi totalmente nesgada e non deu conta da realidade, a Consellaría e o Goberno galego están completamente sós, pois soamente contaron co voto favorábel ao seu decreto contra o galego, das entidades e persoas situadas na órbita ideolóxica do PP (6 representantes da propia consellaría, alcaldes do PP, a Confederación de Empresarios, titulares de centros privados, representantes de recoñecido prestixio, nomeados directamente pola consellaría, a CONGAPA (Pais e Nais de Ensino Privado e Concertado) e ANPE que, nalgúns casos, chegaron a matizar o sentido do seu voto pedindo que a Consellaría e o propio presidente atendese as demandas das entidades que manifestamos que este Decreto é unha aberración e que polo tanto se debe retirar.
A sociedade Galega manifestou unha vez máis que está en contra deste burdo e descarado intento de eliminar a nosa lingua do ensino. As organizacións sindicais con representación no Consello Escolar de Galiza (CIG, UGT e CCOO) que sumamos unha representación moi maioritaria de profesorado no Consello Escolar de Galiza, votamos en prol da retirada do documento, tal e como tamén fixeron o 100% dos Movementos de Renovación Pedagóxica, AS-PG, NEG, Escola Viva, Seminario de Estudos Galegos; o 100% dos pais e nais dos centros públicos representados na CONFAPA, o 100% dos representantes do alumnado, os representantes da universidade, e os representantes da administración local do BNG e PSOE.
            A decisión do Consello Escolar de Galiza é unha crítica contundente a este documento que se vén sumar á realizada pola Mesa Sectorial de Educación, co abandono do 90 % da representación sindical ante a negativa a negociar da Secretaría Xeral, ou ao ditames da Real Academia Galega e do Consello da Cultura que xa manifestaran a inadecuación da proposta de Educación. Unha vez máis as galegas e os galegos dixemos non a este Decretazo, e desta volta quen di NON é o máximo órgano da Comunidade Educativa, o que representa a profesorado, pais e nais, alumnado e movementos de renovación pedagóxica, entre outros.
            A CIG-Ensino felicítase do resultado que acadamos onte, unha mostra máis de que as galegas e os galegos non estamos dispostos a tolerar as agresións reiteradas do Partido Popular contra o noso idioma. A CIG-Ensino fixo onte, ao remate do Consello Escolar, un chamamento á participación na manifestación do 17 de maio, como un acto de reivindicación do noso dereito a vivirmos en galego e de contestación á prepotencia e “chulería” dunha Consellaría que demostra permanentemente o seu autoritarismo declarando onte mesmo que non atenderán a recomendación do Consello Escolar de Galiza de retirada do proxecto de Decreto.
A sociedade galega debe saber que o actual decreto en vixencia – o Decreto 124/2007- foi aprobado no Consello Escolar de Galicia sen ningún voto en contra.
 
 Para máis información e coñecemento da emenda á totalidade e do resto das emendas podedes consultar a nosa páxina web no seguinte ENLACE

Volver