
A CIG-Ensino preside as Xuntas de Persoal Docente non universitario da Coruña, Lugo e Pontevedra
Eleccións sindicais ensino non universitario
Xunta de Persoal de A Coruña:
Presidenta: Manuela Catoira Palleiro (CIG-Ensino)
Secretaria: Divina Núñez López (CIG-Ensino)
CIG-ENSINO | 23 delegados/as |
CCOO | 9 delegados/as |
UGT | 5 delegados/as |
ANPE | 5 delegados/as |
STEG | 5 delegados/as |
CSIF | 0 delegados |
Xunta de Persoal de Lugo:
Presidente: Antón Xesús Castro Rodríguez (CIG-Ensino)
Secretaria: Xosé Mariño Varela (CIG-Ensino)
CIG-ENSINO | 10 delegados/as |
CCOO | 3 delegados/as |
UGT | 5 delegados/as |
ANPE | 5 delegados/as |
STEG | 3 delegados/as |
CSIF | 3 delegados |
Xunta de Persoal de Pontevedra:
Presidente: Xabier Pérez Davila (CIG-Ensino)
Secretaria: Victoria Rodríguez Rodríguez (CIG-Ensino)
CIG-ENSINO | 21 delegados/as |
CCOO | 7 delegados/as |
UGT | 8 delegados/as |
ANPE | 3 delegados/as |
STEG | 4 delegados/as |
CSIF | 0 delegados |
Xunta de Persoal de Ourense:
CIG-ENSINO | 8 delegados/as |
CCOO | 8 delegados/as |
UGT | 4 delegados/as |
ANPE | 5 delegados/as |
STEG | 2 delegados/as |
CSIF | 0 delegados |
Despois de seis meses aínda non se constituíu, de acordo cos resultados electorais, a Mesa Sectorial de Educación, algo que a CIG-Ensino vén esixindo desde o mes de marzo, co obxecto de efectivizar a nova representación que nos corresponde, pois desde as últimas eleccións temos un representante máis (sete), dun total de 15 que lles corresponden ás OOSS.
CIG-Ensino | 7 representantes |
CCOO | 3 representantes |
UGT | 3 representantes |
ANPE | 2 representantes |
RESOLUCIÓN DAS XUNTAS DE PERSOAL
Debate sobre a xubilación e a Lei de Convivencia:
No mes de abril, a CIG-Ensino promoveu a convocatoria das Xuntas de Persoal docente a finais de abril para debater dous temas prioritarios para esta organización sindical: a prórroga do Dereito á xubilación anticipada e o rexeitamento da mal chamada Lei de Convivencia. Con este motivo, propuxo a convocatoria das Xuntas de Persoal e presentou as correspondentes propostas de resolución.
A proposta de resolución sobre a xubilación anticipada tiña por obxecto:
1. Expresar o seu rexeitamento ao Acordo Social e Económico para o crecemento, o emprego e a garantía das pensións e exixir que se manteña a xubilación obrigatoria aos 65 anos, o mantemento das actuais coberturas das pensións e o seu carácter público.
2. Reclamar o dereito indefinido do profesorado para poder continuar a xubilarnos anticipadamente, segundo os criterios estabelecidos na LOE, mellorando as súas gratificacións.
3. Reclamar a mellora das actuais pensións: dereito a percibir o 100% do haber regulador con 30 anos de servizo no horizonte de atinxir unha xubilación co 100% de todas as retribucións.
Esta proposta de resolución foi aprobada por maioría nas Xuntas de Persoal docente de Lugo, A Coruña e Pontevedra, cos votos en contra de CCOO e UGT.
Nas catro Xuntas de Persoal foi aprobado por maioría, cos votos en contra de ANPE, a petición de retirada da Lei de Convivencia. Nas Xuntas de Persoal presididas pola CIG-Ensino ese rexeitamento foi argumentado en base aos seguintes puntos:
- Lexíslase para dar cobertura á consulta sobre unha cuestión que xa introduciu auténticos conflitos nos centros: o decreto do plurilingüísmo, pero ampliando estas consultas a outras moitas cuestións indeterminadas. As consultas e outros procedementos de participación supoñen un cheque en branco para que a Administración educativa faga e desfaga a través dun procedemento indeterminado (“de consulta e participación”).
2. A lei reflicte unha visión autoritaria, tanto da convivencia como do proceso educativo, mostrando obsesión cos procesos disciplinarios, desbota unha perspectiva educativa e formativa, e pretende xudicializar a vida escolar e non a formación integral da persoa. A lei non incorpora medidas preventivas, nin medios que permitan desenvolver estratexias de prevención imprescindibles de forma previa a calquera sanción.
3. Falta de participación da comunidade educativa na elaboración da Lei. Preséntase un texto elaborado de forma unilateral pola Consellería de Educación, sen debate previo, desprezando a experiencia do Observatorio da Convivencia.
4. Preséntase o texto en período non lectivo para evitar ou limitar a participación da comunidade educativa en xeral, e do profesorado en particular.
5. O documento incorpora aspectos relacionados coas condicións laborais do profesorado e non foi negociado na Mesa Sectorial Docente, órgano no que é obrigatorio negociar todo o relacionado con ditas condicións laborais.
6. É imprescindible a dotación de máis persoal, máis recursos e máis medios, como ferramentas que permitirían mellorar a convivencia nos centros, facer fronte ao fracaso escolar e á atención a diversidade, dende unha perspectiva inclusiva.
7. O modelo que se promove omite escandalosamente toda referencia aos órganos de participación e de goberno, sobre os que descansan importantes funcións atribuídas pola LOE. Prímase a perspectiva individual sobre a colectiva na resolución dos conflitos
8. Esta regulación choca frontalmente coa autonomía dos centros enunciada na LOE, e particularmente coas competencias que se lles atribúen aos consellos escolares.
9. Non se define o obxecto da consulta, no establece garantías do procedemento nin o grao de vinculación da resposta.
10. Non se valora o noso posto de traballo como docentes. Esa valoración non existirá mentres teñamos que impartir materias das que non somos especialistas, realizar funcións e traballos que non corresponden, recargarnos de numerosas tarefas burocráticas, se nos impida dar aulas en galego, se nos recorten os salarios, etc.
Outros temas:
As Xuntas de persoal das catro provincias tamén aprobaron por unanimidade unha proposta de resolución sobre a oferta de emprego público que recolle o seguinte:
· Rexeitar a aplicación das taxas de reposición de efectivos no ensino.
· Denunciar a ridícula OPE docente que terá, entre outras, as seguintes consecuencias:
- Un incremento da temporalidade na función pública docente e do profesorado interino
- A redución de profesorado nos centros e supresión de unidades
- A imposibilidade de reducir as rateos, ou a masificacións das a aulas.
- O incremento de afíns e itinerancias,
- Cadros de persoal máis inestábeis nos centros de ensino que verán negadas unha vez máis as súas xustificadas demandas de profesorado
- Cadros de persoal insuficientes para aplicar a redución horaria de maiores de 55 anos,
- Oferta insuficiente para abordar a atención á diversidade
- Maior precariedade
- Esixir á Administración Educativa Galega, unha completa convocatoria de Oferta de Emprego Público docente que permita una taxa de reposición do 100% das vacantes producidas pola xubilación LOE, respondendo así, en parte, ás verdadeiras necesidades que ten o sistema educativo na nosa comunidade autónoma.
- Rexeitar os recortes que está sufrindo o sistema educativo público galego, considerando que, en tempos de crise económica como os que estamos vivindo, a educación é o mellor instrumento para saír da crise cun emprego máis cualificado.
- Esixir a convocatoria de negociación sobre a estabilidade do profesorado interino. Tendo en conta que, despois da transitoria de acceso, existe profesorado, mesmo con 20 anos de servizo que por diversos motivos non puido estabilizar o seu posto de traballo, afondando xa que logo na súa precariedade laboral.