A CIG-Ensino presenta recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por infrinxir a lei ao financiar o ensino que segrega o alumnado por razóns de sexo

A Consellaría promove o sexismo

A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente anuncia a presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución.Os centros agraciados que se lles subvenciona totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS, en concreto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya en Vigo e, Montespiño e Peñarredonda na Coruña
A CIG-Ensino presenta recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por infrinxir a lei ao financiar o ensino que segrega o alumnado por razóns de sexo
 
A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente anuncia a presentación dun recurso contencioso-administrativo  perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución.Os centros agraciados, aos que se lles subvenciona totalmente o ensino, son centros ligados ao OPUS, en concreto: Las Acacias, o  Monte Castelao e  Aloya en Vigo e, Montespiño e Peñarredonda  na Coruña. 
 
Esta concesión contradí a actual  lexislación marco vixente (disposición adicional vixésimo quinta, artigo 84 da LOE ; artigo 4 do Decreto 30/2007 que regula admisión do alumnado e a e Orde do 9 de xaneiro pola que se ditan as normas para aplicación de concertos educativos en Galiza, a cal no seu punto 2 do artigo 4º indica como obriga o cumprimento da normativa vixente sobre a non-discriminación da admisión alumnado por razóns de sexo.
 
A concesión dos Concertos Educativos  para o curso vindeiro estaba  informada , tal como é perceptivo, polas “comisións provinciais de valoración de concertos educativos” que rexeitaron continuar  concedéndolle o concerto educativo a estes centros. Pois, aínda así, a actual Consellaría  vén de revocar a decisión que, como resultado da campaña e recurso presentado  pola CIG (contra as subvencións ao ensino privado que segrega ao alumnado por razón de sexo), tomara o anterior goberno de non concederlle o concerto a estes centros.
 
É un escándalo que  o diñeiro de todos e todas as galegos e galegas sufrague, porque así o decide o goberno do PP, de maneira ilegal, o ensino de centros privados, cuxo modelo educativo e ideario de centro son contrarios aos principios mínimos de convivencia social como é o caso do sexismo e a desigualade entre homes e mulleres.
 
Nun momento de recortes no ensino público e redución de servizos, postos de traballo, agrupamentos de unidades,  redución de unidades e peche de escolas unitarias, etc, estes centros integristas relixiosos, contrarios á igualdade entre homes e mulleres, van dispoñer de  preto de 3.000.000 de euros para promover un ensino sexista reaccionario.
 
A aposta do actual goberno polo ensino privado en detrimento do público dan conta, tamén, o resto dos concertos, moitos deles sen xustificación nin necesidade,   que aparecen confirmados nesta orde, aos cales están destinados, nin máis nin menos, que 256 millóns de euros para subvencionarlle na súa totalidade  o ensino. Para isto si que non hai plano de austeridade.
 
Consideramos un escándalo o uso de diñeiro público para financiar estes centros fundamentalistas porque vai contra o progreso alcanzado na equiparación das mulleres cos homes amais de ser unha clara ilegalidade. Lembremos que no devandito artigo 84 da LOE estabelécese claramente que “En ningún caso poderá haber discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, afinidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal” á hora de admitir o alumnado tanto nos centros públicos como nos concertados; por iso a CIG-Ensino vai presentar recurso concencioso-administrativo contra estas.

Volver