A CIG-Ensino participa en Madrid na concentración diante do Ministerio a prol de consolidar o dereito a xubilarse anticipadamente

Polo dereito indefinido á xubilación anticipada

Delegados da CIG-Ensino concentráronse hoxe, xunto con delegados das outras organizacións sindicais, en Madrid, diante do Ministerio de Educación, logo de entregar máis de 300.000 sinaturas, esixindo a continuidade do dereito a poderse xubilar voluntariamente de xeito anticipado aos 60 anos. Posteriormente o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, conxuntamente cos representantes doutras organizacións sindicais foron recibidos polo Director Xeral de FP, Miguel Soler Gracia. Desde a CIG-Ensino trasladámoslle o sentir do profesorado galego que se concreta na esixencia de consolidar definitivamente o dereito de podérmonos xubilar anticipadamente, do que vimos gozando desde o ano 1992. A CIG-Ensino valora insatisfactoriamente o resultado da reunión, dado que o representante do ministerio só se comprometeu a facer “algunha referencia” a esta demanda no Pacto pola Educación, que se presentará mañá 22 de abril, pero sen concretar como se ía recoller. Con todo, as negociacións a este respecto seguen abertas.

A CIG-Ensino participa en Madrid na concentración diante do Ministerio a prol de consolidar o dereito a xubilarse anticipadamente
 
Delegados da CIG-Ensino concentráronse hoxe, xunto con delegados das outras organizacións sindicais, en Madrid, diante do Ministerio de Educación, logo de entregar máis de 300.000 sinaturas, esixindo a continuidade do dereito a poderse xubilar voluntariamente de xeito anticipado aos 60 anos.



Posteriormente o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, conxuntamente cos representantes doutras organizacións sindicais foron recibidos polo Director Xeral de FP, Miguel Soler Gracia. 

Desde a CIG-Ensino trasladámoslle o sentir do profesorado galego que se concreta na esixencia de consolidar definitivamente o dereito de podérmonos xubilar anticipadamente, do que vimos gozando desde o ano 1992. A CIG-Ensino valora insatisfactoriamente o resultado da reunión, dado que o representante do ministerio só se comprometeu a facer “algunha referencia” a esta demanda no Pacto pola Educación, que se presentará mañá 22 de abril, pero sen concretar como se ía recoller. Con todo, as negociacións a este respecto seguen abertas.



En todo caso, o tema da xubilación anticipada terá que ser tratado nunha futura Mesa Sectorial dentro do marco do Estatuto do Empregado Público. Estase mantendo contactos cos ministerio que tería algo que dicir ao respecto do mantemento deste dereito, caso do Ministerio de Economía e Facenda, pero convén ter en conta un eiva importante neste proceso de negociación, dado o actual contexto de crise no que nos atopamos inmersos.

A reunión continuouse durante media hora, na que o Secretario Nacional de CIG-Ensino volveu trasladar ao ministerio de Educación as demandas fundamentais a recoller no Pacto pola Educación.

A este procedemento vense acollendo unha media do 25% do profesorado galego que reúne os requisitos, aínda que no ano 2009 superou o 33%. A aplicación desta modalidade de xubilación, ademais de implicar o recoñecemento social da función docente e o desgaste que supón a nosa profesión, tivo unha importancia destacada para que as últimas ofertas de emprego foran significativas. Sen xubilación anticipada o acceso a función pública docente de novo profesorado sería insignificante. Por iso en momentos de crise como o actual esta demanda cobra aínda máis forza.

A CIG-Ensino vén mantendo accións continuas a prol de lograr este obxectivo de consolidar o dereito indefinido á xubilación anticipada. Se agora intensificamos a campaña é porque en maio de 2011 expira esta prórroga xa que na disposición transitoria segunda da LOE, establece que "o goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas, procederá a revisión do tempo referido ao réxime de xubilación voluntaria así como dos requisitos esixidos", polo cal o MEC debe iniciar xa negociacións coas Comunidades Autónomas e organizacións sindicais.

Volver