
A CIG-ENSINO NON ASINOU AS TÁBOAS SALARIAIS 2018 E 2019 DO VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINO NON REGRADO
Unha vez máis as patronais, coa complicidade das organizacións sindicais estatais, sáense coa súa e asinan unhas táboas salariais para 2018 e 2019, que non só consolidan, senón que aumentan, a perda de poder adquisitivo no sector.
O 10 de xullo de 2019, logo de 3 reunións da mesa de “negociación”, tivo lugar a sinatura das táboas salariais para 2018 e 2019 do Convenio Colectivo de Ensino e Formación non Regrado por parte das patronais CECAP, CECE e ANCED e pola parte sindical FECCOO e FeSP-UGT. Desde o punto de vista social, tratouse de 3 reunións estériles, dado que non se acadaron melloras salariais que reivindicabamos os 3 sindicatos no comezo das negociacións. Unha vez máis as patronais fixeron unha proposta á baixa que mantiveron até que os sindicatos estatais voltaron vender aos traballadores/as no que chaman “mesa de negociación”. Porén, certifícase unha nova perda salarial, coa non recuperación do IPC perdido e co aumento da perda de poder adquisitivo presente e futura (nen sequera aseguran o IPC-real nun convenio do máis precario en salarios, dentro de todos os que hai no sector do ensino).
Estas novas táboas asinadas, por desgraza, acabarán consolidando a perda de poder adquisitivo acumulada até as de 2017 (un 3,9% de perda) e incluso a incrementarán pois para 2018 aplicarase unha suba do 1% (o IPC quedou no 1,2%) e no 2019 un 2,75%. Esta suba salarial é retroactiva, tendo as empresas que aboar os atrasos en 3 meses dende a publicación en BOE das táboas salariais. As subas aplicaranse sobre o salario, complemento de dedicación e CPP, quedando conxeladas as cantidades dos postos funcionais (director, xefe de estudos,...). Nin se conseguiu que nos salarios por debaixo do SMI ( 900€/mes ou 12.600€/ano) se reflectisen nas táboas salariais estas cantidades. Así as empresas complementarán a cada traballador/a o salario até esas cantidades mínimas a cobrar, agás aqueles que teñan outros complementos e xa superen ditas cantidades, que só terán a ridícula suba porcentual asinada.
PROPOSTA DEFENDIDA POLA CIG-ENSINO NAS MESAS DE NEGOCIACIÓN 2018/2019
Dado que o sector leva anos de CONXELACIÓN SALARIAL e perda de poder adquisitivo coa excusa da crise económica, entendemos que esta debe ser recuperada, xa que se eleva ao 3,9%, polo que:
A nosa proposta para 2018 e 2019 será a suba en total do 3% por ano de todos os conceptos salariais sobre as táboas do 2017. Como todos os salarios son inferiores ao Salario Medio Galego (18.000€), aplicaráselle a suba lineal da cantidade que se incremente aos que teñan ese salario medio, é dicir, todas as categorías incrementarán 540€ anuais ( 3% dos 18.000€). Este 3% tamén se aplicará a todos os complementos do convenio.
Por suposto, todos os salarios por debaixo do SMI pasarían a cobrar os 12.600€, sendo esta a cantidade marcada nas táboas salariais e a cobrar por todos os traballadores/as desas categorías.
Unhas propostas moi parellas propuxeron as outras OO.SS ( 6% nos 2 anos a repartir), pero pronto se pregaron ás da patronal ante as ameazas de romper negociacións e denunciar o convenio.
Vós podedes cambiar esta actitude de pactismo e entreguismo sindical que non vos representa...
DIGNIFICA AS TÚAS CONDICIÓNS LABORAIS E SALARIAIS!!
Táboas salariais VIII Convenio Colectivo de Ensinanza e Formación Non Regrada. |
|||
Categorías profesionais |
ANO 2017 |
ANO 2018 - 1 % |
ANO 2019 - 2,75 % |
Profesor/a titular |
14.243,06 |
14.385,49 |
14.781,09 |
Profesor de taller |
14.243,06 |
14.385,49 |
14.781,09 |
Profesor/a Auxiliar /Adxunto/a |
12.656,63 |
12.783,20 |
13.134,73 |
Profesor Auxiliar “on line” |
12.656,63 |
12.783,20 |
13.134,73 |
Instrutor/a ou Experto/a |
11.863,68 |
11.982,32 |
12.311,83 |
Educador social |
14.243,06 |
14.385,49 |
14.781,09 |
Xefe de Administración |
16.119,25 |
16.280,44 |
16.728,15 |
Oficial administrativo 1ª |
13.158,05 |
13.289,63 |
13.655,10 |
Oficial administrativo 2ª |
12.766,41 |
12.894,07 |
13.248,66 |
Orientador profesional |
12.766,41 |
12.894,07 |
13.248,66 |
Prospector de empleo |
12.766,41 |
12.894,07 |
13.248,66 |
Auxiliar administrativo |
10.972,33 |
11.082,05 |
11.386,81 |
Redactor/a- Corrector/a |
10.972,33 |
11.082,05 |
11.386,81 |
Axente comercial |
10.854,81 |
10.963,36 |
11.264,85 |
Televendedor |
10.854,81 |
10.963,36 |
11.264,85 |
Encargado/a de Almacén |
13.163,06 |
13.294,69 |
13.660,29 |
Empregado/a de Servizos Xerais |
10.854,81 |
10.963,36 |
11.264,85 |
Auxiliar non docente |
10.854,81 |
10.963,36 |
11.264,85 |
Monitor- Animador |
10.854,81 |
10.963,36 |
11.264,85 |
Titulado non docente |
14.243,06 |
14.385,49 |
14.781,09 |
|
|
|
|
CPP |
416,03 |
420,19 |
431,75 |
|
|
|
|
COMPLEMENTO DEDICACIÓN |
|
|
|
Ten 50% ou máis de xornada |
105,70 |
106,76 |
109,69 |
Ten menos do 50% e máis do 25% |
52,85 |
53,38 |
54,85 |
Ten o 25% ou menos de xornada |
32,00 |
32,32 |
33,21 |