A CIG-Ensino non asina o XIII Convenio de Centros de Atención a persoas con discapacidade (ed. especial): unha nova perda de dereitos

XIII CONVENIO ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Onte, día 23 de xuño asinouse o XIII Convenio Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, suscrito por todas as patronais, agás ANCEE, e o sindicato CCOO. A CIG-Ensino non asinou este acordo porque considera que é un novo retroceso nas condicións laborais e salariais do persoal, que xa veñen sendo bastante precarias. E aínda nos parece moito máis grave cando estamos a falar duns centros que son subvencionados e que están a prestar un servizo de carácter social importantísimo, polo tipo de usuarios ao que vai dirixido, precisamente os/as máis necesitados (autistas, enfermos mentais, persoas con outro tipo de discapacidades físicas ou psíquicas, con síndrome de Down, etc.). Deste xeito, o acordo tamén vai supor un empeoramento na calidade dese servizo.

 

A CIG-ENSINO NON ASINA O XIII CONVENIO DE CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE (ED. ESPECIAL) E CONSIDERA QUE O ACORDO SUPÓN UNHA NOVA PERDA DE DEREITOS E EMPEORA MÁIS AS CONDICIÓNS LABORAIS DO PERSOAL


 Onte, día 23 de xuño asinouse o XIII Convenio Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, suscrito por todas as patronais, agás ANCEE, e o sindicato CCOO

A CIG-Ensino non asinou este acordo porque considera que é un novo retroceso nas condicións laborais e salariais do persoal, que xa veñen sendo bastante precarias. E aínda nos parece moito máis grave cando estamos a falar duns centros que son subvencionados e que están a prestar un servizo de carácter social importantísimo, polo tipo de usuarios ao que vai dirixido, precisamente os/as máis necesitados (autistas, enfermos mentais, persoas con outro tipo de discapacidades físicas ou psíquicas, con síndrome de Down, etc.). Deste xeito, o acordo tamén vai supor un empeoramento na calidade dese servizo.



Desde a CIG-Ensino xa vimos denunciando reiteradamente as actuacións irresponsables doutras organizacións, especialmente a patronal AEDIS-FEACEM e o sindicato CCOO por obstaculizar, actuar de forma sectaria e saltarse a normativa legal sobre a negociación colectiva nun proceso que comezou en outubro de 2007 e que remata agora (case catro anos despois), con só 12 reunións celebradas (e outras tantas suspendidas) e un resultado final decepcionante.

O que, logo de tanto tempo, ía ser unha simple revisión salarial, aproveitouse a última hora para introducir uns poucos cambios no convenio anterior (que xa era malo dabondo), pero que son sustanciais, dado que afecta a asuntos tan importantes como os salarios, a xornada e as vacacións do persoal.

A modo de resume, relatamos as modificacións que se introduciron e que, para a CIG- Ensino son inaceptables, razón pola que, xunto coa negativa a aceptar ningunha das nosas propostas, nos levaron a non suscribirmos o acordo:

    • Póñense aínda máis limitacións á posibilidade de negociar acordos noutros ámbitos, como o autonómico, restrinxindo os temas que son negociables e os que non. Desde a CIG-Ensino consideramos que as organizacións representativas poden chegar a acordos, nas CCAA e nas empresas, que afecten a todo o que se marca no convenio, sempre e cando non empeoren as condicións do mesmo.

    • A suba salarial, non só está moi lonxe da nosa proposta, senón que é ridícula. Estamos falando, logo de catro anos sen actualizar os seus salarios, e de acordos anteriores que supuxeron unha perda do poder adquisitivo, ao quedar moi por debaixo do IPC, de subas salariais dun 1 % para 2009, 2010 e 2011, (o 2% para o 2008), que nin sequera é para todos os conceptos retributivos nin se contempla unha Cláusula de Revisión Salarial.

    • Síguense poñendo limitacións para que as organizacións que non asinen o convenio poidan participar en todas as comisións que se crean, incluída a Comisión Paritaria de Formación, vulnerando dereitos sindicais e tamén sentenzas xudiciais claras ao respecto.

    • Un dos aspectos máis graves é a modificación da redacción dalgúns artigos que afectan ao persoal dos Centros Educativos, que supón a ampliación da súa xornada (non se consideran os recreos como lectivos, por exemplo), e as vacacións, coa intención clara de recortarllas no verán.

    • Queda aínda máis aberta a Cláusula de Descolgue, é decir, que calqueira centro ou empresa poida acollerse á inaplicación das condicións salariais, non só alegando problemas económicos para o mantemento da súa actividade, senón simplemente coa “futurible” posibilidade de que os poidan ter. E non se marca un protocolo ríxido e claro para demostrar estas situacións. Podemos atoparnos pois, cun montóns de centros que se desentendan das súas obrigas con criterios totalmente arbitrarios.

    • A pesar de introducir algunhas melloras de carácter social por adaptación á lexislación vixente, nin sequera se recoñece o dereito á acumulación das horas de lactancia para todo o personal en condicións de acollerse a el.

 

Diante deste panorama e as poucas perspectivas de cara ao futuro, e incidindo nunha demanda que a CIG-Ensino vén facendo para a negociación colectiva en xeral, e para este sector en particular, como organización máis representativa en número de delegados/as nestes centros en Galiza, comprometémonos a volcar todos os nosos esforzos para iniciar un proceso que remate coa negociación dun Convenio propio Galego para o sector, emplazando para elo ao resto de organizacións con representación e á Administración Galega, da que dependen económicamente. Retomaremos pois as xestións feitas con anterioridade e que quedaron paralizadas co cambio de goberno que, ata o momento, non está atendendo ás nosas demandas para falar desta posibilidade.

 

Volver